Chuvia, vapor e velocidade. O gran ferrocarril do Oeste (en inglés, Rain, Steam, and Speed – The Great Western Railway) é un coñecido cadro do pintor romántico británico Joseph Mallord William Turner.Gerald E. Finley, Angel in the Sun: Turner's vision of history, 1999, McGill-Queen's Press, ISBN 0-7735-1747-2 Trátase dun óleo sobre tea que mide 91 centímetros de alto por 121,8 centímetros de largo. Actualmente atópase na National Gallery de Londres (Reino Unido).
Historia e características Esta pintura foi exhibida por vez primeira na Royal Academy en 1844, aínda que puido ser pintada con anterioridade. A data é significativa porque os ferrocarrís eran aínda algo novo. A diferenza doutros pintores da época, que desprezaban a industrialización e non vían no progreso industrial temas merecedores de tratamento pictórico, Turner admiraba a técnica moderna e por iso pinta a locomotora máis moderna do seu xénero e a entón vangardista ponte de MaidenheadBárbara Eschenburg e Ingeborg Güssow, «El Romanticismo y el Realismo » en Los maestros de la pintura occidental, Taschen, 2005, pág. 470, ISBN 3-8228-4744-5.
O gran ferrocarril do Oeste (GWR, sigla do seu nome en inglés) foi un dunha serie de compañías de ferrocarril británicas privadas creadas para desenvolver este novo medio de transporte. O propósito do GWR foi inicialmente conectar Bristol con Londres; o seu enxeñeiro xefe era Isambard Kingdom Brunel.
A localización da pintura é, segundo se acepta xeralmente, a ponte chamada Maidenhead Railway Bridge, sobre o río Támese entre Taplow e MaidenheadL. Cirlot (dir.), National Gallery, Col. «Museos del Mundo», Tomo 1, Espasa, 2007. ISBN 978-84-674-3804-8, pp. 186-187. A vista está mirando cara ao leste, cara a Londres. A ponte foi deseñada polo enxeñeiro Brunel e completada en 1838. A liña dende Paddington en Londres a Taplow inaugurouse en 1838.
Turner realizou apuntamentos do natural e logo creou o cadro no seu obradoiro.
Pinta un tren que corre ao longo das vías. A paisaxe está definida moi vagamente, como en moitas outras obras de Turner, feito que leva ao soado crítico Francesco Arcangeli a relacionar a obra do pintor co informalismo de Jackson Pollock.
Na súa tea recorreu a unha luz moi intensa que transmite máis a emoción que a realidade obxectiva. Así logra crear a atmosfera que pretende, máis que ofrecer unha representación verídica. A través de empastes lógrase reflectires o fume do ferrocarril e o mesmo aire.
Os elementos sólidos (o tren, a ponte) apenas están insinuados, desaparecen na atmosfera neboenta e irreal do cadro. Esvaécense e mesturan a brétema que exhala a auga, a choiva que pon un veo ante o ceo e o vapor da locomotora.
Turner empregaba unha técnica particular coa que obtiña efectos lumínicos cambiantes. Aplicaba as cores rabuñándoos ata extraer esquematicamente do fondo as formas figurativas. Co súa particular técnica obtivo unha textura inconfundible.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Carrassat, P.F.R., Maestros de la pintura, Spes Editorial, S.L., 2005. ISBN 84-8332-597-7
Ligazóns externas Artigo sobre a pintura na páxina web da National Gallery
Categoría:Obras pictóricas de 1844