Emil Adolf von Behring, nado o 15 de marzo de 1854 e finado o 31 de marzo de 1917, foi un médico alemán que recibiu o Premio Nobel de Medicina.
Traxectoria left|miniatura|Emil Adolf von Behring Adolf Emil Behring naceu en Hansdorf no distrito de Rosenberg en Prusia. Estudou medicina entre 1874 e 1878 no Medicinisch-chirurgisches Friedrich-Wilhelm-Institut de Berlín, servindo como médico militar boa parte da súa vida e despois como profesor de hixiene na Facultade de Medicina da Universidade de Marburgo.
Behring foi o descubridor en 1890 da antitoxina do tétanos, investigando con cobaias ó inxectar o soro sanguineo dun animal afectado polo tétanos a outro xérase imunidade á enfermidade no segundo e pódese comprobar que os animais inmunizados contra o tétanos presentaban esa cualidade porque tian que dispor dalgunha substancia capaz de controlar a infección.
Recibiu en 1901 o primeiro Premio Nobel de Medicina polo desenvolvemento do soro contra a difteria (en colaboración con Emile Roux) e o tétanos, a primeira fora unha importante causa de mortalidade da poboación, en especial nos nenos, e a segunda fora a primeira causa de defunción nas guerras, matando os feridos. No Congreso Internacional da Tuberculose en 1905 anunciou que descubrira unha substancia procedente do virus da tuberculose, esta substancia, que el denominou "T C", unha antitoxina, foi primordial para a vacina que el mesmo preparou para inmunizar o gando contra a tuberculose bovina.
Publicacións Die Blutserumtherapie (1892) Die Geschichte der Diphtherie (1893) Bekämpfung der Infektionskrankheiten (1894) Beiträge zur experimentellen Therapie (1906)
Véxase tamén
Categoría:Premio Nobel de Medicina Categoría:Médicos de Alemaña Categoría:Médicos militares Categoría:Nados en 1854 Categoría:Finados en 1917 Categoría:Nados no concello rural de Iława Categoría:Premios Nobel de Alemaña