Joaquim Monzó i Gómez, coñecido como Quim Monzó, nado en Barcelona o 24 de marzo de 1952, é un escritor e xornalista catalán.

Traxectoria Estudou deseño gráfico na Escola Massana de Barcelona. A súa andaina profesional iniciouna como traballador nas artes gráficas e, máis tarde, como deseñador gráfico, debuxante de cómics, autor de letras de cancións e guionista de televisión. Na década de 1970 pasouse ao xornalismo, con colaboracións como correspondente de guerra e columnista de opinión en xornais.«Biografia de Quim Monzó». Generalitat de Catalunya. Departament de Cultura. [Consulta: 18 novembro 2012]. En colaboración con Albert Abril escribiu reportaxes sobre Vietnam, Camboxa, Irlanda do Norte e a África do Índico para Tele/eXprés. Colaborou en Ajoblanco. En xaneiro de 1982 acadou unha bolsa para ir estudar a Nova York, onde viviu ata 1983. Ten diagnosticada a síndrome de Tourette.Moliner, Empar. «Redefinir la dopamina». El País. [Consulta: 7 marzo 2016].

Deuse a coñecer ao gañar o premio Prudenci Bertrana coa novela L’udol del griso al caire de les clavegueres (1976) e dende entón construíu unha moi persoal obra narrativa onde predomina o xénero do relato breve. Recoñecido con galardóns como o Nacional de Literatura, o Premio de Narrativa Ciutat de Barcelona, o Lletra d’Or, o dos lectores de El Temps e, en varias ocasións, o Premio da Crítica, a súa narrativa está traducida a máis de vinte idiomas. miniatura|Monzó con Quim Torra e Marcel Mauri en 2018. Comezou a colaborar en Catalunya Ràdio en 1983. Na radio forma tándem primeiro con Sergi Pàmies e logo con Empar Moliner. É columnista habitual no xornal La Vanguardia desde 1996.

Colaborou no programa de TV3 Persones humanes, dirixido por Persones humanes, que presentaba Miquel Calzada, "Mikimoto" con monólogos humorísticos. O seu monólogo do 30 de xaneiro de 1994 sobre a monarquía, no que se parodiaba a vida sexual da infanta Helena de Borbón, provocou unha gran polémica. A Casa Real protestou, o presidente da Generalitat de Catalunya, Jordi Pujol viuse obrigado a pedir desculpas, e vetouse a aparición do escritor no programa presentado por El Gran Wyoming, "El peor programa de la semana", emitido por TVE. Quim Monzó, nunha entrevista no programa Jamais sans mon livre (Jamás sin mi libro) en France 3, considerou que a polémica era un acto de censura sobre os programas de televisión de humor político dunha monarquía aínda non afeita á esfera pública:Creíamos que la censura había desaparecido después de la muerte de Franco, pero no es así. En el programa de TV-3 que desencadenó el conflicto no nos reíamos del Rey ni de la Monarquía. Nos limitábamos a ironizar, de manera sútil y suave, sobre la institución. Nuestros comentarios eran mucho más moderados que los que ofrecen los Guignols franceses sobre el presidente de la República o Spitting Image sobre la familia real británica. Parece que el problema estriba en que nuestros reyes no están habituados a este tipo de cosas.En 2007 escribiu e leu o discurso inaugural da Feira do Libro de Frankfurt, ano en que a cultura catalá foi a convidada. Monzó deseñou un aplaudido escrito en forma de conto que difería totalmente dos discursos tradicionais.Monzó, Quim. «Discurs inaugural de la Fira del Llibre de Frankfurt 2007». VilaWeb, 09-10-2007. [Consulta: 28 setembro 2011] De decembro de 2009 a abril de 2010 tivo lugar na sala Arts Santa Mònica de Barcelona unha grande exposición retrospectiva sobre a súa vida e a súa obra, que levaba por título Monzó. Acadou diversos premios, nacionais e internacionais, como o Premi d'Honor de les Lletres Catalanes, no que ofreceu un discurso sobre a súa relación na infancia cos libros, a lingua catalana e os presos e presas políticas independentistas; de feito o presidente de Òmnium Cultural, Jordi Cuixart, non puido entregar o premio porque estaba no cárcere de Soto del Real.Son moi interesantes a carta que Jordi Cuixart, presidente de Òmnium Cultural e preso político no cárcere de Soto del Real lle dedica ao escritor; o discurso de Quim Monzó; e mais o vídeo dos tradutores de Monzó a outras linguas.

Quim Monzó é un dos escritores cataláns que contan con personaxe no programa de humor político "Polònia", de TV3.

Estilo Nos dous primeiros libros de Monzó percíbese a influencia do textualismo, un movemento que procuraba abolir a herdanza literaria recorrendo á innovación lingüística e a experimentación formal. Porén, Monzó, e mais outros nomes desta corrente, de seguida foi consciente das limitacións de seguir esa vía experimental e a súa prosa virou cara a formas máis lexibles. A maior parte dos contos escritos desde finais da década de 1970, o escritor leva ao absurdo todos os aspectos da vida cotiá no mundo urbano contemporáneo, nunha combinación de caricatura, humor, retranca e angustia existencial. O autor defende a miúdo a súa aposta polo humor como un ingrediente funtamental na ficción. Así o fixo nunha estadía en Santiago de Compostela:O sentido do humor é un método para entender a vida dun xeito máis serio. Fago humor sempre, como cando digo que quero mexar nos muros da catedral. Esa é a miña maneira de entender o mundo e tamén a literatura. Un escritor pode crerse a si mesmo, e crer que o que está a facer ten algún valor, pero se o diviniza, se o entroniza, cagouna. É unha opinión persoal. Unha novela seria, daquelas nas que o escritor se toma tan en serio a si mesmo que non hai nin miguiña de humor, desa navela en vinte anos no vai falar ninguén. O humor é angustiante. As películas de terror sen un puntiño de humor non mete medo.Nas escolmas de contos publicados entre 1878 e 1999 Monzó explora factores tan humanos como o desexo sexual, a amargura das relacións ou os círculos viciosos que imposibilitan as decisións persoais. Abundan na súa obra as historias lineais, de ritmo ágil, protagonizados por personaxes correntes e anódinos. Monzó ofrece fórmulas ficcionais para un novo costumismo urbano. Co tempo Monzó tende cara á depuración formal. Os relatos parten de situacións prototípicas que, debidamente reenfocadas, conseguen crear un efecto de ridículo. O escritor sabe termar da demora co obxectivo de condicionar a lectura e, a miúdo, de levalo cara a unha resolución insospeitada e anticlimática.Na súa literatura sempre hai máis reflexión, máis densidade moral, máis intención crítica e máis capacidade de transformar o lector do que poida parecer a simple vista. Por detrás do humor e a imaxinación diáfana de Monzó hai unha pulsión tráxica e tras a aparente transparencia da súa escrita agóchase un traballo miúdo de matices, sombras e efectos calculados. Se lle sumamos a esixencia con que avalía, rexeita e traballa as frases, os argumentos e os máis mínimos detalles empezan a achegarnos á medida do seu talento. Téñense apuntado entre os seus modelos e referentes literarios a narrativa minimalista norteamericana, como Robert Coover, John Barth e Donald Barthelme; nomes representativos da narrativa de avangarda en Latinoamérica, como Guillermo Cabrera Infante, Julio Cortázar e Adolfo Bioy Casares; e, sobre todo nos seus primeiros textos, a influencia teórica de Raymond Queneau. Adóitase citar tamén entre as súas influencias, a narrativa de Francesc Trabal e Pere Calders. Con estes autores comparte temas comúns, particularmente unha paisaxe que abala, inestable, entre o baleiro e o desexo, entre a utopía e o escepticismo.

Un dos recursos máis característicos da ficción de Monzó é a parodia dos usos convencionais da linguaxe e dos xéneros literarios.

Obra

Narrativa L'udol del griso al caire de les clavegueres, 1976 Self Service, 1977, con Biel Mesquida. Uf, va dir ell, 1978. Olivetti, Moulinex, Chaffoteaux et Maury, 1980. Benzina, 1983. L'illa de Maians, 1985. A magnitude da traxedia (La magnitud de la tragèdia, 1989). Tradución ao galego de Manuel Cortés Tallón (Edicións Positivas, 1991). El perquè de tot plegat, 1993. "O porqué de todas as cousas", 2020, Faktoría K Guadalajara, 1996. Vuitanta-sis contes, 1999.Tradución ao galego de M.ª X. Lama como Vinte e nove contos (Sotelo Blanco, 2008). El millor dels mons, 2001. Mil cretinos (Mil cretins, 2007). Traducido por Helena González Fernández (Xerais, 2008).

Artigos El dia del senyor, 1984. Zzzzzzzz, 1987. La maleta turca, 1990. Hotel Intercontinental, 1991. No plantaré cap arbre, 1994. Del tot indefens davant dels hostils imperis alienígenes, 1998. Tot és mentida, 2000. El tema del tema, 2003. Catorze ciutats comptant-hi Brooklyn, 2004. Esplendor i glòria de la Internacional Papanates, 2010. Taula i barra. Diccionari de menjar i beure, 2017.

Guións

Hic digitur Dei (1979), de Antoni Martí i Gich. Coguionista con Roser Fradera, Antoni Martí i Gich. Pa d'àngel (1984), de Francesc Bellmunt. Coguionista con Jordi Balló, Francesc Bellmunt e Juanjo Puigcorbé. Jamón, jamón (1992), de Bigas Luna. Guión de Bigas Luna e diálogos de Cuca Canals e Quim Monzó. És tard (1994), curtametraxe de Marc Recha. Coguionista con Marc Recha. Arsenal (1986), guión dun capítulo da serie de TV. L'amor és etern (2008), curtametraxe de Heidy Cañaveral, Norma Martínez e Janina Vilana. The Trip (2012), curtametraxe de Nina Orlandina. Coguionista con Nina Orlandina.

Escrita dramática

El tango de Don Joan (1987), musical de Quim Monzó e Jérôme Savary.

Tradución Traduciu unha ampla nómina de escritores do inglés ao catalán: John Barth, Eric Bogosian, Ray Bradbury, Truman Capote, Roald Dahl, Harvey Fierstein, Thomas Hardy, Ernest Hemingway, Arthur Miller, Dorothy Parker, J.D. Salinger, Mary Shelley, Javier Tomeo.

Recepción en Galicia: traducións e crítica Hai tres libros en galego de Quim Monzó e forman parte do que Dolores Vilavedra considera unha viraxe na tradución seguindo criterios non só testemuñais senón comerciais, procurando un público actual. A magnitude da traxedia, traducida por Manuel Cortés (Edicións Positivas, 1989; reedición en 1991). Vinte e nove contos é unha selección de contos traducida por María Xesús Lama (Sotelo Blanco, 2008). Mil cretinos, traducida por Helena González Fernández, publicouse en 2008, ao mesmo tempo que o libro Se comes un limón sen facer xestos, de Sergi Pàmies, os dous con ilustración na cuberta do artista Fran Herbello, para reforzar a aposta de Edicións Xerais pola literatura en catalán contemporánea.