miniatura|300px|Fachada do museo de Belas artes de Boston miniatura|dereita|230px|Sección de rolo Nove dragóns, por Chen Rong, 1244 a. C., dinastía Song O Museo de Belas Artes de Boston (en inglés, Museum of Fine Arts, Boston, MFA) é un dos museos máis grandes dos Estados Unidos e contén a segunda colección permanente máis grande no hemisferio occidental, trala do Museo Metropolitano de Arte en Nova York. O director actual do museo é Matthew Teitelbaum.

Foi creado no ano 1870 e inaugurouse en 1876, cunha gran parte das súas coleccións tomada da galería de arte do Ateneo de Boston. Atópase na Avenida Huntington de Boston, Massachusetts dende o ano 1909. Ademais da súa finalidade conservadora, o museo está asociado cunha academia de arte, a Escola de Belas Artes de Boston, e un museo irmán, en Nagoya/Boston Museum of Fine Arts, en Nagoya, Xapón.

Algunhas das obras destacadas deste museo son: Antigüidades exipcias, incluíndo esculturas, sarcófagos e xoiería. Pintura europea antiga, con obras mestras de fama mundial, de Rogier van der Weyden, O Greco, Velázquez, Jacob Jordaens, Rembrandt... Pintura impresionista e postimpresionista francesa, incluíndo cadros de Paul Gauguin como ¿De onde vimos? ¿A onde imos? (D'où venons-nous? Que sommes-nous? Où allons-nous?) e obras de Manet, Renoir, Degas, Monet, Van Gogh, Cézanne entre outros. Pintores estadounidenses dos séculos XVIII e XIX, incluíndo moitas obras de John Singleton Copley, Winslow Homer e John Singer Sargent. A colección Edward S. Morse de 5.000 pezas de cerámica xaponesa, que forma parte da maior colección de obras xaponesas fóra do Xapón. A Galería Gund que alberga exposicións temporais mentres que un xardín xaponés achega un espazo tranquilo e contemplativo fóra do propio museo. Frecuentemente alberga exposicións especiais, sendo a máis popular a mostra Art of Star Wars (sobre deseños de A guerra das galaxias) en 2002, que atraeu a máis de 1.652.000 visitantes.

Galería de obras destacadas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Museum of Fine Arts — Páxina web oficial

Categoría:Boston Boston