A Primeira FutgalCircular nº8 Primera Galicia Federación Galega de Fútbol é a sétima categoría de fútbol de Galicia. É a división inmediatamente inferior á Preferente Galicia e por encima da Segunda Galicia. É unha categoría non profesional e a súa organización corre a cargo da Federación Galega de Fútbol.

Denominacións Desde a tempada 1981/82 ata a 2004/05: Primeira Rexional.

Desde a tempada 2006/07 ata a 2015/16: Primeira Autonómica.

Desde a tempada 2016/17 ata a 2023/24: Primeira Galicia.

Desde a tempada 2024/25: Primeira Futgal.

Sistema de competición Desde a tempada 2012-13, a categoría está formada por 90 equipos repartidos en cinco grupos de 18: Grupo 1 e Grupo 2, formados por equipos da provincia da Coruña. O primeiro acolle a parte norte e o segundo, a área de influencia de Santiago de Compostela, incluíndo clubs do norte da provincia de Pontevedra, principalmente de Tabeirós e Deza. Grupo 3, formado por equipos da provincia de Lugo. Grupo 4, formado por equipos da provincia de Ourense. Grupo 5, formado por equipos da provincia de Pontevedra.

Ata a tempada 2011-12, a categoría estaba formada por catro grupos, un por provincia, de 18 equipos cada un.

Ao finalizar a tempada, os primeiros e segundos de cada grupo ascenden á Preferente Galicia, excepto nos grupos 1 e 2, onde os segundos teñen que xogar unha promoción entre si, e no grupo 5, onde sobe tamén o terceiro clasificado. Os tres últimos descenden á Segunda Galicia, aínda que dependen dos ascensos e descensos das categorías superiores.

Equipos participantes Os equipos participantes na categoría durante a tempada 2023/24 son os seguintes: Grupo 1(A Coruña-Ferrol)Grupo 2(Santiago-A Costa)Grupo 3(Lugo)Grupo 4(Ourense)Grupo 5(Pontevedra-Vigo)SE Abellá SDC Brexo Lema SD UD Carral Cedeira SD AD Club do Mar de Caión SD Cultural Maniños Eume Deportivo AD Miño CD Narón Olímpico CF SDC Órdenes CCRD Perlío Sada CF Sporting Cambre Sporting Ciudad ACD Sporting Meicende Torre SD Ural Español CF SD O Val Valdoviño SD Xuventude de Crendes CFSD Agolada CD Baio CD Belvís Cidade de Ribeira CF Cordeiro CF Corme CF SD Cruces Dumbría CF SD Esclavitud Flavia SD CD Lalín Mazaricos CF SD Negreira Praíña SC Puenteceso SD Soneira SD CCD Taragoña SD Tordoia CD Unión UD Val do Ulla Volantes de Baño FCCD Alfoz SD Burela CD Castro Chantada Atlético SD Chantada UD Folgueiro Friol CF CD Guntín ED Lourenzá Monterroso SD SD Outeiro de Rei UD Pastoricense SD Pol CD Portomarín Riotorto CF SD San Lázaro SDC San Roque Sporting Pontenova Taboada CF UD Xove LagoCD Allariz Antela FC Atlético Vilariño UD Barbadás B ACD Cartelle Cortegada CF AD Covadonga Francelos FC Leira CF Loñoá CF Maside FC SD Melías Monterrei CF A Peroxa CF CD Raio Alaricano CDC Santa Teresita Sporting Carballiño Sporting CelanovaCP Alertanavia SD Amanecer Atlético Cuntis CD Arcade CD Caldelas CD Campolameiro UVCD Candeán CD La Guía Goián CF USD O Grove A Lama SD Marcón Atlético Moraña CF Racing Castrelos FC SDC San Adrián UD Santa Mariña Tomiño FC Tyde FC Unión Dena CF Zacande FC

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Federación Galega de Fútbol

Categoría:Primeira Galicia