Iereván ou Ereván (en , pronunciado [ˌjerəˈvɑːn]; ) é a capital de Armenia. Localizada nas ribeiras do río Hrazdan a 1.200 m de altitude, ten 1 088 300 habitantes (2004).

Historia

Historia antiga Iereván é unha cidade antiga que aparece xa nunha estela do rei de Urartu Argishti I, que lembra a fundación de Erebuni (Էրեբունի) no ano 782 a.C.; na actualidade aínda se conservan as ruínas da fortaleza. Desde entón ten sido un lugar de importancia estratéxica e unha encrucillada de camiños nas rutes de caravanas que ligaban Europa e a India. Foi denominada Iereván (ou Ereván) desde, polo menos, o século VII a.C., cando era capital de Armenia so dominio dos persas.

A cidade seguiu, en xeral, o destino de Armenia, sendo disputada por romanos e persas ou partos, até que pasou a dominio musulmán e de sucesivas dinastías rexionais. Máis tarde foi obxecto de disputa entre Persia e o Imperio Otomán. Foi sede seu dun Khanato independente á morte de Nadir Shah (Khanato de Iereván). Conquistada por Rúsia en 1827, os persas cedérona formalmente en 1828.

Historia contemporánea No ano 1918, ao rematar a primeira guerra mundial, foi declarada capital da nova República independente de Armenia, e entre 1920 e 1990 foino da República Socialista Soviética de Armenia, dentro da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas. En 1991, xa co país de novo independente, mantivo o rango de capitalidade e o seu urbanismo foi remodelado para tentar eliminar as características soviéticas.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina Oficial de Iereván

Categoría:Capitais de Asia Categoría:Cidades de Armenia