Elisabeth Rodergas Cols, máis coñecida como Beth, nada en Súria, Barcelona, o 23 de decembro de 1981, é unha cantante e actriz catalá.

Traxectoria O seu afán por coñecer mundo levouna a realizar varias viaxes por distintos lugares do mundo, entre eles a diversos países africanos onde participou en misións humanitarias. Viviu no Reino Unido e estudou teatro musical en Barcelona.

O seu soño dende pequena era ser cantante e Operación Triunfo brindoulle esa oportunidade. O paso para presentarse ó famoso concurso deuno grazas ás actividades que se realizaban na mesma academia. Quedou clasificada a terceira na segunda edición de Operación Triunfo, pero o público elixiuna para representar a España no Festival de Eurovisión 2003, en Riga, coa canción "Dime", que acabou en oitavo lugar.

Tamén compuxo (letra e música) a canción "On és l’amor?" para a serie de TV3 Mar de Fons. Beth debutou como actriz de teatro en novembro de 2006 coa comedia Pels pèls no Teatre Borràs de Barcelona. Tamén obtivo o papel de Carmensita na obra Tirant lo Blanch. Grazas a este papel foi nomeada ós premios Max.

É actualmente a imaxe comercial da firma SEYART Jewels. Dende 2008 interpreta o papel de Rosa na serie Lalola de Antena 3.

Discografía Álbums Galas OT2 (2002)

# Título 1. "Torn (Live)" 2. "Sin miedo a nada" (con Joan Tena) 3. "Fallin'" (con Vega) 4. "Proud Mary" (con Nika) 5. "Piensa en mí" (con Ainhoa) 6. "The Love I Lost" (con Nika e Tessa) 7. "Dime" (con Manuel Carrasco Galloso e Tessa) 8. "Si no te hubiera conocido" (con Tony Santos) 9. "Si no te hubiera conocido" (con Tony Santos) 10. "Total Eclipse Of The Heart" 11. "Por debajo de la mesa" (con Miguel Nández) 12. "En ausencia de ti" 13. "Stand By Me" 14. "Imagine" 15. "One More Time" (con Kenny G) 16. "Eso es la amistad" (con Nika) 17. "Duerme Safiya" (con Chenoa, Vega, Ainhoa, Nika, Elena Gadel e Tessa) 18. "Dime" 19. "La vida sin ti" 20. "Cerrando heridas" 21. "En el medio del camino" (con Alejandro Parreño)

Otra realidad (2003)

# Título 1. "Parando el tiempo" 2. "La luz" 3. "Estás" 4. "Vestida de besos" 5. "Quiéreme otra vez" 6. "Otra realidad" 7. "Hoy" 8. "No quiero aceptar" 9. "Llévame contigo" 10. "Eclipse" 11. "Vuelvo a por ti" 12. "Diario de dos" 13. "Un mundo perfecto" 14. "Dime" (Eurovision Song Contest 2003)

Palau de la Música Catalana (2004)

CD1

# Título 1. "Cabalgando" 2. "Strengh, Courage & Wisdom" 3. "Hoy" 4. "Drive" 5. "Otra realidad" 6. "Walk Away" 7. "Vuelvo a por ti" 8. "Head Over Feet" 9. "Lately" 10. "La luz" 11. "Stay (Wasting Time)"

CD2

# Título 1. "No Woman No Cry" 2. "Parando el tiempo" 3. "Message In A Bottle" 4. "Roxanne" 5. "Every Breath You Take" 6. "Eclipse" 7. "Eleanor Rigby" 8. "Pol Petit" 9. "Estás" 10. "Boig Per Tu"

My Own Way Home (2006)

# Título 1. "Lullaby" 2. "Rain On Me" 3. "Deep Inside" 4. "All These Things" 5. "Hacerte Feliz" 6. "Angel" 7. "Home" 8. "Sad Song" 9. "Mama" 10. "Strange World" 11. "A veces..."

Sinxelos "Dime" (Eurovision Song Contest 2003) (2003). "Parando el tiempo" (2003). "Otra realidad" (2004). "Estás" (2004). "La luz (Live)" (2004). "Rain On me" (2006). "All These Things" (2007).

Aparicións Teatro Beth tivo a oportunidade de ser actriz de dúas obras de grande éxito en Cataluña. Pels Péls (2006-2007). Tirant lo Blanc (2007-2008).

Televisión LaLola (Antena 3) 2008- Mar de Fons (Tv3 Cataluña) 2007- Temps de Neu (Canal 33) 2006- El club (Tv3 Cataluña) 2004-

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina Oficial de Beth Catálogo Seyart Jewels (A súa imaxe é Beth) Beth Fan Club (Páxina do Club de Fans)

Categoría:Cantantes de España Categoría:Actores de Cataluña Categoría:Concursantes da segunda edición de Operación Triunfo Categoría:Representantes de España en Eurovisión Categoría:Nados en Súria Categoría:Nados en 1981 Categoría:Cantantes en lingua catalá Categoría:Cantantes en lingua castelá Categoría:Participantes en Eurovisión 2003 Categoría:Artistas de Música Global