miniatura|Alegoría da Ciencia por Jules Blanchard, situada na entrada da casa do concello de París. A ciencia é, en sentido amplo, calquera coñecemento organizado. Pero, en sentido máis restritivo, é o conxunto dos sistemas de coñecemento organizado con obxectos e métodos de estudo determinados e baseados en leis obxectivas que se poden verificar (o que se chama o método científico), e tamén ao sistema empregado para adquirir ditos coñecementos.
Este artigo está de acordo co sentido máis restritivo da palabra. A ciencia, tal como se considera neste artigo, denomínase moitas veces como ciencia experimental, a fin de diferenciala da ciencia aplicada, que é a aplicación da investigación científica a necesidades humanas específicas, aínda que as dúas estean certamente interconectadas. E moito menos se consideran as denominadas ciencias sociais.Agás, en comparación coas ciencias da natureza, nas seccións nas que se considera a epistemoloxía.
A vontade da comunidade científica é a de producir "coñecementos científicos" a partir de métodos de investigación rigorosos, verificábeis e reproducíbeis. En canto aos "métodos científicos" e aos "valores científicos", son á vez o produto e a ferramenta de produción destes coñecementos, e caracterízanse polo seu obxectivo, que consiste en permitir, comprender e explicar o mundo e os seus fenómenos da maneira o máis elemental posíbel, é dicir, producir coñecementos aproximándose o máis posíbel aos feitos observábeis. A diferenza dos dogmas, que pretenden igualmente dicir a verdade, a ciencia está aberta á crítica, e os coñecementos científicos, así como os seus métodos, están sempre abertos á revisión. Ademais, as ciencias teñen como finalidade comprender os fenómenos, e obter diso previsións xustas e aplicacións funcionais. Estes coñecementos son a base de numerosos desenvolvementos técnicos que teñen forte impacto na sociedade.
Introdución A ciencia constitúe un método sistemático de obtención de coñecemento sobre a natureza en todos os seus aspectos. O método usado denomínase método científico.
Parte dos descubrimentos científicos poden resultar que están moi en contra da intuición, como a natureza atómica ou cuántica da materia. Pero moitas concepcións intuitivas da natureza transformáronse a partir de descubrimentos científicos, como a rotación da Terra ao redor do Sol ou a teoría da evolución.
A ciencia tamén pode entenderse como unha institución da que forman parte os científicos, e que funciona de acordo con regulamentos explícitos ou implícitos. As academias, as universidades, os institutos de investigación, as revistas científicas e os premios e recoñecementos académicos conformarían este aspecto sociolóxico da ciencia (o que se adoita chamar a comunidade científica).
Concepto de ciencia miniatura|O coñecemento científico adquirido ao longo da historia permitiu ao home realizar fazañas tan prodixiosas como, por exemplo, chegar á Lúa.
O avance no coñecemento de todo o que nos rodea e do propio ser humano realízase grazas ao labor da investigación científica. Mediante ela búscanse respostas a problemas determinados e, no caso dunha investigación, déixanse abertos novos problemas que dean pé a novas investigacións. A ciencia, polo tanto, convértese nunha constante evolución do coñecemento de todo o que esperta o noso interese.
A ciencia tense definido de varias formas, e o termo emprégase a miúdo incorrectamente. Se cadra, a definición máis curta sexa esta: A ciencia é o coñecemento organizado. Pero nela atopámonos coa eiva que teñen todas as definicións curtas: é ambigua e di máis do que debería, xa que hai moitas formas de coñecemento organizado que non deben considerarse ciencias. Unha definición máis extensa, e que parece razoabelmente satisfactoria, podería ser: A ciencia é o coñecemento obtido e verificado mediante observación e experimentación exactas e organizado mediante o razoamento lóxico. Esta definición pon o acento nos dous puntos clave que diferencian a ciencia doutras formas do coñecemento organizado:
1) o coñecemento é factual, é dicir, observábel a través dos sentidos humanos;
2) o coñecemento non está soamente recompilado, como nun dicionario ou nunha enciclopedia, senón organizado para así reflectir as relacións entre os feitos ou datos observados.
A ciencia é, polo tanto, o esforzo para descubrir e aumentar o coñecemento humano de como funciona a realidade. Refírese tanto:
1) á investigación racional ou estudo da natureza, dirixido ao descubrimento da verdade. Tal investigación é normalmente metódica, é dicir, de acordo co método científico, un proceso de avaliar o coñecemento empírico;
2) ao corpo organizado de coñecementos adquiridos por estudos e investigacións.
Nestes termos, ciencia pode ser definida como o conxunto sistematizado de todas as teorías científicas (especialmente os paradigmas válidos), do método científico e dos recursos necesarios para a produción das mesmas.
A ciencia constrúena os científicos. O científico, como un ser humano dotado dun cerebro imaxinativo, que posúe sentimentos e emocións, e que certamente ten as súas crenzas (que van máis alá das verdades xerais), e pode incluso ser un teísta ou relixioso. Pero a ciencia exixe expresamente que o científico saiba manter as súas crenzas lonxe dos seus artigos científicos e das teorías científicas. Noutras palabras, a pesar de que a ciencia non exclúe os crentes, teístas e/ou relixiosos do seu elenco de científicos, a ciencia e, polo tanto, as teorías científicas, debido aos requisitos do método científico, exclúen delas as súas crenzas, sendo aquelas expresamente escépticas.
Etimoloxía A palabra ciencia vén do latín scientia ("coñecemento"), ou mesmo do verbo scire ("saber"), que designa a orixe da facultade mental do coñecemento. Esta acepción do termo encóntrase, por exemplo, na expresión de François Rabelais: "Ciencia sen consciencia arruína a alma". Referíase así a unha noción filosófica (o coñecemento puro, a acepción "de saber"), que de contado converteuse nunha noción relixiosa, baixo a influencia do cristianismo. "A ciencia instruída" referíase entón ao coñecemento dos relixiosos, da exexese e das escrituras, parafraseando a teoloxía. A raíz "ciencia" encóntrase noutros termos tales como a "consciencia" (etimoloxicamente, "co coñecemento"), "presciencia" ("o coñecemento do futuro"), "omnisciencia" ("o coñecemento de todo"), por exemplo.
Definicións Como vimos, a ciencia pode definirse de varias formas. Abundando no tema, velaquí dúas definición habituais.
Definición longa A palabra ciencia posúe varios sentidos, abranguendo principalmente tres acepcións:Segundo o Trésor Informatisé de la Langue Française (Tesouro informatizado da lingua francesa); véxase tamén o esquema proxémique no Centre National de Ressources Textuel et Lexical. Saber, coñecemento de certas cousas que serven para a condución da vida ou dos negocios. Conxunto dos coñecementos adquiridos polo estudo ou pola práctica. Xerarquización, organización e síntese dos coñecementos a través de principios xerais (teorías, leis etc.).
Definición restritiva Unha definición no sentido máis restritivo pode ser, como tal, a ciencia "é o coñecemento claro e evidente de algo, fundado ben sobre principios evidentes e demostracións, ben sobre razoamentos experimentais, ou aínda sobre a análise das sociedades e dos feitos humanos". Esta definición permite distinguir os tres tipos de ciencia:
As ciencias formais, comprendendo a matemática e as ciencias matemáticas como a física teórica. As ciencias físico-químicas e ciencias experimentais (ciencias da natureza e da materia, bioloxía, medicina etc.). As ciencias sociais, que se refiren ao home, á súa historia, ao seu comportamento, á lingua, ao social, ao psicolóxico, á política.
Porén, os seus límites son difusos; noutras palabras, non existe unha categorización sistemática dos tipos de ciencia, o que constitúe alén diso un cuestionamento epistemolóxico.
Pluralismo das definicións
Epistemoloxía A palabra ciencia, no seu sentido estrito, oponse a opinión (δόξα dóxa, en grego), e ao dogma, afirmación que é, por natureza, arbitraria. Porén, a relación entre a opinión por un lado e a ciencia por outro, tampouco é sistemática; o historiador das ciencias Pierre Duhem pensa que a ciencia é a áncora do sentido común, que debe salvar as aparencias.
O discurso científico oponse á superstición e ao escurantismo. Con todo, a opinión pode transformarse nun obxecto de ciencia, ou mesmo nunha disciplina científica á parte. A socioloxía da ciencia analiza esta articulación entre ciencia e opinión; os seus relatorios son máis complexos e máis tenues; Gaston Bachelard explica que "a opinión pensa mal, non pensa". Na linguaxe común, a ciencia oponse a crenza, e por iso frecuentemente se consideran as ciencias como contrarias ás relixións. Esta consideración é con todo usada máis frecuentemente por algúns científicos que por relixiosos (agás os fundamentalistas).Encíclica do papa Xoán Paulo II, Fides et Ratio (1998), na que redefine a relación ciencia-relixión deste xeito: "A fe e a razón son como dúas ás que permiten ao espírito humano crearse para a contemplación da verdade"Albert Einstein: "A ciencia sen relixión está coxa, a relixión sen ciencia está cega."Para coñecer a opinión dos fundamentalistas cristiáns sobre a ciencia, véxase, por exemplo, o artigo Deseño intelixente.
A idea dunha produción de coñecemento é problemática; varios dos dominios recoñecidos como científicos non teñen por obxecto a produción de coñecementos, senón a de instrumentos, máquinas, dispositivos técnicos. Terry Shinn propón a noción de "investigación técnico-instrumental".Terry Shinn, "Formas de división do traballo científico e converxencia intelectual. A investigación técnico-instrumental", Revue française de sociologie, n° 41 (3), páxinas 447-73, 2000. Os seus traballos con Bernard Joerges a propósito da instrumentaciónBernward Joerges et Terry Shinn, Instrumentation between Science, State and Industry, Kluwer Academic Press, Dordrecht, 2001.</ref> permitiron aclarar que o criterio científico non se atribúe unicamente ás ciencias do coñecemento.
A palabra ciencia definida no século XX e XXI é a da institución da ciencia, ou sexa, o conxunto das comunidades científicas que traballan para mellorar o saber humano e a tecnoloxía, na súa dimensión internacional, metodolóxica, ética e política. Fálase entón da ciencia.
A noción, porén, non ten unha definición consensuada. Segundo o epistemólogo André Pichot, é "utópico querer dar unha definición a priori da ciencia".Pichot, André (1991): Le Naissance de la science. Tome 1. Mésopotamie, Égypte. París: Gallimard. O historiador das ciencias Robert Nadeau explica, polo seu lado, que é "imposíbel citar aquí o conxunto dos criterios de demarcación propostos desde hai cen anos polos epistemólogos, [e que] pode formularse, aparentemente, criterios que exclúan calquera cousa que se queira excluír, e conservar calquera cousa que se queira conservar."Nadeau, Robert (1999): Vocabulaire techinque et analytique de l'épistemologie, PUF. A física e filósofa das ciencias Léna Soler, no seu manual de epistemoloxía, comeza igualmente por subliñar polos límites da operación de definición.Soler, Léna (2000): Introduction à l'épistemologie, Ellipses. Os dicionarios propoñen certamente algunhas definicións. Pero, como recorda Léna Soler, estas definicións non son satisfactorias. As nocións de universalidade, de obxectividade ou de método científico (sobre todo cando este último é concibido como a única noción válida) é obxecto de numerosas controversias para que poidan constituír o pedestal dunha definición aceptábel. É necesario, por conseguinte, ter en conta estas dificultades para describir a ciencia. E esta descrición continúa a ser posíbel se toleramos certa vaporosidade epistemolóxica.
Empirismo