Juan Antonio Rodríguez Villamuela, máis coñecido como Juan Rodríguez, nado en Málaga o 1 de abril de 1982, é un futbolista español. Xoga de centrocampista e o seu actual equipo é o Getafe CF.
Traxectoria Conseguiu o ascenso do Málaga CF B a Segunda División, sendo pouco despois ascendido ao primeiro equipo. Co descenso do Málaga CF a Segunda División na campaña 2005–06, Juan Rodriguez foi contratado polo Deportivo da Coruña o 13 de xullo de 2006.
Cando chegou ao Deportivo non contou co apoio do por aquel entón adestrador Joaquín Caparrós, xa que para o técnico era a última opción por detrás dos seus compañeiros Sergio e De Guzmán e soamente estaba por diante de Duscher a quen o míster tiña condenado ao ostracismo. Coa chegado ao equipo de Miguel Ángel Lotina en 2007 e unido á venda de Duscher, ao baixo rendemento de De Guzmán e ás constantes lesións do substituto de Antonio Tomás, abríronselle as portas da titularidade a cal non abandonou desde que a estreou, chegando a relegar ao banco a un dos capitáns branquiazuis, Sergio. Actualmente forma a dupla de medio co capitán facendo a función de medio de contención, recuperador de balóns e interceptor de pases.
O 11 de decembro de 2010 alcanzou os 200 partidos en Primeira División, nun encontro entre o Atlético de Madrid e o Deportivo (2–0)."Juan Rodríguez alcanza los 200 partidos en Primera División"
Estatísticas Tempada Club País Competición App Gls 2003–04 Málaga B España Segunda División 12 2 2003–04 Málaga CF España Primeira División 2 0 2004–05 Málaga CF España Primeira División 27 5 2005–06 Málaga CF España Primeira División 29 1 2006–07 RC Deportivo Galicia Primeira División 31 4 2007–08 RC Deportivo Galicia Primeira División 26 1 2008–09 RC Deportivo Galicia Primeira División 37 2 2009–10 RC Deportivo Galicia Primeira División 35 3Total199 18
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en elmundo.es
Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados en Málaga Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Málaga CF Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Getafe CF