Secret Combination é un sinxelo do cuarto álbum da popular cantante greco-estadounidense Kalomoira, lanzado ao mercado en Grecia e Chipre o 6 de febreiro do ano 2008 baixo o selo Heaven Music. Coa canción deste single, a cantante obtivo a terceira praza na final do Festival de Eurovisión dese mesmo ano, rematando por detrás de Rusia e Ucraína, aínda que comezou liderando a votación. Dende o concurso, a canción converteuse nun éxito en Europa alcanzando a primeira posición en Grecia e Chipre, e entrando nos Top 40 en Turquía, Irlanda, Lituania, Reino Unido e incluso Canadá.

Información Foi oficialmente lanzada os medios por ERT o 6 de febreiro de 2008. A canción foi a opción de Kalomoira para o concurso onde se elixía a representante de Grecia no Festival de Eurovisión 2008. Ela competiu con Chrispa e Kostas Martakis polo posto. A decisión final foi feita o 27 de febreiro de 2008 – Kalomoira gañou, e despois competiu na semifinal do festival o 20 de maio de 2008 representando a Grecia na final o 24 de maio en Belgrado, Serbia. A súa actuación foi a 21 de 25. A súa canción e a de Kostas Martakis foron filtradas en Internet o 3 de febreiro, tres días antes do lanzamento oficial, aínda que as versións filtradas eran pouco máis que demos. A canción foi lanzada para a descarga dixital o 12 de febreiro de 2008 e en CD o 28 de marzo de 2008. Kalomoira comezou cos seus plans de gravar unha versión en grego de "Secret Combination" despois do concurso. Foi a canción con máis éxito de Eurovisión 2008 en termos de descargas e en posición nas listas de vendas.

Lista de temas # Título Duración 1. "Secret Combination" (Eurovision 2008 Mix) 3:00 2. "Secret Combination" (Mystic Soumka Mix) 4:06 3. "Secret Combination" (Electropop Mix) 3:33 4. "Secret Combination" (Backing Track Mix) 3:00

Posición nas listas País MáximaPosición MáximaPosición{digital} Bélxica (Ultratip) 30 ULTRATIP 18 1 Canadá 331 7 Chipre 1 1 Dinamarca 29 1 Europa (Top 100 oficial) Secret Combination top40-charts.com 67 1 Finlandia <small> 29 1 Grecia Greek Top 50 Singles IFPI. 1 1 Irlanda 46 1 Suecia Sweden Top 60 Singles 38 1 Turquía Billboard Türkiye Top 20 Acceso 12 de abril, 2008 18 1 Reino Unido 71 1 Alemaña - 1 Francia - 3 España - 9 Australia - 2

Notas

Categoría:Sinxelos de 2008