O Sartego é un lugar da parroquia de Fene no concello coruñés de Fene na comarca de Ferrol. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2007 tiña 144 habitantes (67 homes e 77 mulleres), tres máis ca en 2000. Sitúase xunto ao Sartego (Santa María de Neda, Neda).
En vellas escrituras de propiedade aparecen referencias á colexiata de Santa Teresa, dependente do mosteiro de Caaveiro e situada no punto máis alto do Sartego. Unha vez abandonada, a súa pedra foi extraída para a construción do mosteiro do Couto. Tamén existe referencias na tradición oral da existencia dun castro.
Véxase tamén Lugares e parroquias Lugares de Fene
Parroquias de Fene
Outros lugares Lugares de Fene
Categoría:Lugares de Fene Categoría:Lugares divididos entre dous concellos