Ludwig Bemelmans, nado o 27 de abril de 1898 e finado o 1 de outubro de 1962, foi un escritor e ilustrador estadounidense, máis coñecido pola súa serie de libros para nenos Madeline.
Traxectoria O pai de Bemelmans era belga, Lambert Bemelmans, e a súa nai alemá, Frances Fischer, e el naceu en Merano, actualmente en Italia pero entón en Austria, onde seu pai rexentaba un hotel. Medrou en Gmunden, ás beiras do lago Traunsee na Alta Austria.
En 1904, seu pai deixou á familia e súa nai levou a Ludwig e a seu irmán á súa cidade natal, Regensburg, Bemelmans deixou a escola e traballou cun seu tío nun hotel en Austria, pero despois dun problema co director do hotel marchou ós Estados Unidos, onde vivía seu pai.
Durante anos traballou en hoteis e restaurantes e en 1917 entrou no exército, onde chegou ó grao de tetente segundo. En 1918 conseguiu a cidadanía estadounidense. Nos anos vinte intentou dedicarse á pintura, con pouca fortuna. Tivo unha serie de historietas no New York World, "The Thrilling Adventures of the Count Bric a Brac" pero despois de seis meses cancelouse. En 1934 comezou con Hansi a escribir libros para nenos e en 1939 apareceu o primeiro libro da serie de Madeline. Ademais de libros infantís, Bemelmans escribiu libros de viaxe e humorísticos e algún guións para Hollywood, como o de Yolanda and the Thief de Vincente Minnelli.
A serie de Madeline Cada un dos libros da serie, profusamente ilustrada, comeza da mesma maneira: "In an old house in París, that was covered with vines, lived twelve little girls in two straight lines... the smallest one was Madeline."Nunha antiga casa de París, toda cuberta de viñas, vivían doce rapaciñas en dúas perfectas liñas...A máis pequerrecha era Madeline
As nenas están ó coidado dunha monxa, Miss Clavel. Outros personaxes son Pepito, fillo do embaixador español, Lord Covington (ó que as nenas chaman Cucuface), é o dono da casa e o can Genevieve.
Bemelmans publicou seis historias de Madeline durante a súa vida, e sete máis descubríronse e publicáronse postumamente
Madeline, 1939: Madeline's Rescue, 1953 Madeline and the Bad Hat, 1956 Madeline's Christmas, 1956 Madeline and the Gypsies, 1959 Madeline in London, 1961
Adaptacións Do primeiro filme, Madeline, fíxo unha curtametraxe de animación Robert Cannon en 1952. Entre 1990 e 1995 gravouse unha serie de debuxos animados e en 1998 estreouse un filme, baseado en varios dos libros, dirixido por Daisy von Scherler Mayer.
Outros libros 1934: Hansi 1936: The Golden Basket 1937: My War with the United States 1938: Quito Express (libro de viaxes) 1939: Small Beer (baseado na súa experiencia en Hollywood) 1940: Fifi 1941: At Your Service 1942: Rosebud 1942: I Love You, I Love You, I Love You 1943: Now I Lay Me Down to Sleep 1945: The Blue Danube 1947: A Tale of Two Glimps 1948: The Best of Times 1952: How to Travel Incognito 1953: The Borrowed Christmas 1953: Parsley 1960: Welcome Home! 1960: How to Travel To Europe All to Yourself 1962: Marina 1962: On Board of Noah's Ark 1963: The Street Where the Heart Lies 1966: The Elephant Cutlet
Notas
Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1898 Categoría:Nados en Italia Categoría:Finados en 19622