Tortosa é un concello de Cataluña, pertencente á provincia de Tarragona. Está localizado na comarca de Baix Ebre, da que é capital.
Historia e características miniatura|300px|dereita|O Ebro ao seu paso por Tortosa É sé episcopal e constitúe un importante centro agrícola, comercial e industrial. O municipio constitúeno a cidade de Tortosa e as localidades de Jesús, Bítem, els Reguers, Campredó e Vinallop. Tortosa é cabeza de partido xudicial (ata 1923 foi distrito electoral, xunto a Roquetes e Gandesa, escollendo 1 deputado a Cortes desde 1846) e na actualidade teñen a súa sede nela boa parte dos servizos territoriais da Generalitat de Cataluña nas Terres de l'Ebre ao configurarse o seu territorio como vigairía.
O 31 de decembro de 2005 o padrón municipal de habitantes reflectía unha poboación de 36.430 habitantes. En novembro de 2007 ascendía a 39.774 habitantes (26,7% estranxeiros). Tortosa constitúe unha conurbación urbana coa veciña localidade de Roquetes agrupando a uns 40.000 habitantes.
Tortosa ten numerosos restos de arquitectura militar, debido a súa situación estratéxica no baixo Ebro.
Patrimonio arquitectónico Catedral Palacio Episcopal Colexio de Santiago Conxunto Histórico-Artístico Castelo e murallas
Museos, arquivos e centros culturais Museo de Tortosa Parque escultórico "Jardines del Príncipe" Igrexa de San Antón (rúa Moncada), dedicada á Semana Santa. Arquivo histórico (colexio de Santiago) Arquivo capitular Arquivo Diocesano de Tortosa Refugio número 4
Parques e xardíns Parque Teodoro González Jardines del Príncipe (antigo Balneario de M. Porcar)
Galería de imaxes
Cidades irmandadas Aviñón, Alcañiz, Vercelli, Le Puy-en-Velay, Tartús,
Véxase tamén Hadrián VI, papa Felip Pedrell Ramón Cabrera Jaume Ferran i Clua Marcelino Domingo Parque Natural do Delta do Ebro (Terras do Ebro-Reserva da biosfera) Parque Natural de Els Ports (Terras do Ebro-Reserva da biosfera)
Ligazóns externas Páxina do concello de Tortosa Terras do Ebro-Reserva da biosfera