A diferenza que se fai de Europa Occidental fronte a Europa Oriental (ou mesmo central), é máis por motivos culturais e históricos que propiamente xeográficos (como acontece con outras rexións).

Basicamente, os estados de Europa Occidental comparten a tradición do anhelo democrático dende a Revolución Francesa (1789) e posterior invasión napoleónica. Durante a primeira guerra mundial, eran estados occidentais os que defendían a vía democrática (Reino Unido, Francia, Benelux,...) fronte ás políticas imperiais (Imperio Alemán, Imperio Austrohúngaro). Durante a Guerra Fría, as nacións de Europa Occidental distinguíanse pola defensa da democracia e a economía de mercado fronte os sistemas de partido único e réxime económico socialista de Europa Oriental. Durante esta época (1948 - 1989) o pano de aceiro -fortemente militarizado- dividía o continente europeo por Alemaña, Austria e Finlandia.

Actualmente os lindes de Europa Occidental e a chamada Europa Central e Oriental tenden a diluirse trala incorporación á OTAN de vellos países comunistas e a ampliación da Unión Europea. De feito, xa están na órbita occidental Grecia, Turquía, Malta, Chipre, países bálticos, Hungría, Polonia, República Checa, Eslovaquia e Eslovenia. Todos eles con excelentes relacións cos Estados Unidos e o Canadá e intricados lazos económicos e políticos cos veciños do oeste aínda que moitos non teñen tanto en común como os países históricos da Europa Occidental.

Estados nación que compoñen Europa occidental miniatura|300px|Mapa de Europa Occidental.Tradicionalmente os países e Estados-nación das rexións da Escandinavia, illas Británicas, as penínsulas Ibérica e Itálica o Benelux, e diversas áreas de Centroeuropa son considerados Europa Occidental. Islandia, Noruega, Suecia, Finlandia e Dinamarca. Irlanda e o Reino Unido. Na Península Ibérica: España, Portugal e Andorra. Os países do Benelux. Francia, Mónaco, Alemaña. Suíza, Liechtenstein, Austria. Italia, San Marino, cidade do Vaticano.

Notas

Véxase tamén

Europa Central Europa Oriental Occidente Oriente

Categoría:Rexións de Europa