300px|miniatura|Comezo da liña na estación de Figueres-Vilafant. A liña de alta velocidade Figueres-Perpiñán é unha liña ferroviaria internacional que une España e Francia, conectando a rede de alta velocidade española coa rede ferroviaria francesa. Trátase dunha liña de concesión privada, explotada pola sociedade TP Ferro. Está deseñada para permitir tráficos mixtos, tanto de viaxeiros coma de mercadorías, e encóntrase aberta ao tráfico comercial de trens dende decembro de 2010.

Ten unha lonxitude total de 44,4 quilómetros: 24,6 en Francia e 19,8 en España. O trazado discorre entre a estación de Figueres-Vilafant, onde enlaza coa liña de alta velocidade Madrid-Zaragoza-Barcelona-Fronteira francesa, e a cidade de Perpiñán, onde conecta coa rede ferroviaria convencional francesa cara a Montpellier. A liña inclúe un túnel de 8,3 quilómetros, o túnel do Pertús, que atravesa o Pireneo baixo a fronteira.

Actualmente é a única conexión ferroviaria España-Francia que non require de cambio de ancho ou transbordo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos LAV Madrid-Barcelona-Fronteira francesa TP Ferro

Figueres Perpinan Figueres Perpinan Figueres Perpinan