Sem Benelli, nado en Prato o 10 de agosto de 1877 e finado en Zoagli o 18 de decembro de 1949, foi un dramaturgo e libretista italiano.
Traxectoria
Benelli naceu nunha familia de humildes artesáns, tivo que interromper os seus estudos pola morte de seu pai. De forma autodidacta comezou a dedicarse á literatura. En 1908 escribiu a súa primeira comedia, Tìgnola, o éxito chegoulle axiña, o 16 de abril do ano seguinte estreou no Teatro Argentina de Roma o drama La cena delle beffe. Os críticos acolleron o traballo de Benelli con beneplácito pola súa creba dos esquemas clásicos da época, centrado no ardor e a crueza do verismo ou na ars declamatoria do estilo de Gabriele d'Annunzio e a obra representouse numerosas veces tanto en Italia como no estranxeiro. miniatura|O castelo de Sem Benelli en Zoagli. Benelli seguiu a escribir nos anos sucesivos obras teatrais de cariz histórico, que contaron co favor do público, L'amore dei tre re (1910 que converteu en libreto dunha opereta de Italo Montemezzi en 1913), Il mantellaccio e Rosmunda (escritas en 1911); La Gorgona (1913) e Le nozze dei centauri (publicado en 1915).
En 1913 compuxo un poema sinfónico en honor de Giuseppe Verdi musicado por Francesco Cilea. En 1914 fixo construír en Zoagli un castelo, aínda denominado "Il castello di Sem Benelli", na súa estrutura e arquitectura amósase a personalidade do dramaturgo, materiais heteroxéneos nun conxunto maxestoso e compacto suavizado con liñas curvas, sobre un fondo natural único. En 1921 foi elixido deputado, mais despois do asasinato de Giacomo Matteotti (1924) entrou en conflito co réxime fascista e en 1925 asinou o Manifesto dos intelectuais antifascistas redactado por Benedetto Croce e en 1933 o Ministerio de Cultura Popular prohibiu a todas as compañías representar as súas obras. Con todo esa norma non impediu, debido á súa fama nacional e internacional, que puidera seguir a estrear obras, destacan desta última época, menos orixinal ca súa primeira época, as comedias Adamo ed Eva (1933), Madre Regina e Eroi (1934) e Caterina Sforza (1938). En 1933 escribiu o libreto da opereta L'incantesimo de Italo Montemezzi que non se representou ata 1943.
Véxase tamén
Bibliografía Antonini, Sandro (2008). Sem Benelli. Vita di un poeta dai trionfi internazionali alla persecuzione fascista. De Ferrari.
Categoría:Escritores en lingua italiana Categoría:Dramaturgos de Italia Categoría:Libretistas Categoría:Nados en 1877 Categoría:Finados en 1949 Categoría:Nados en Italia