miniatura|dereita|300px|A Casa do concello de Aquisgrán
O Premio Carlomagno (Internationaler Karlpreis der Stadt Aachen, e desde 1998 Internationaler Karlspreis zu Aachen) é un premio outorgado desde 1950 pola cidade alemá de Aquisgrán. É o premio máis antigo e coñecido co que son distinguidas as personalidades ou institucións no ámbito europeo en xeral e da Unión Europea en particular.
Historia
A orixe do premio sitúase o 19 de decembro de 1949 cando un comerciante da cidade de Aquisgrán, o Dr. Kurt Pfeiffer, que fundara un círculo cultural co nome de ‘’Corona Legentium Aquensis’’ coa intención de fomentar o diálogo entre políticos, científicos e os personaxes culturais de toda Europa, anuncia a creación dun premio que bautiza co nome do emperador Carlomagno quen no século VIII fixara a súa residencia en Aquisgrán.
O obxectivo do Premio Carlomagno definiuse polo seu fundador nos seguintes térmos:
No ano 2004, ademais do premio ordinario, concedeuse un premio especial ao papa Xoán Paulo II que non se entregou en Aquisgrán, senón na Cidade do Vaticano. Ó ano seguinte unha iniciativa cidadá intentou sen éxito retirar o premio a Henry Kissinger, quen obtivera o galardón en 1987. A súa xestión no goberno estadounidense foi criticada pola súa responsabilidade no golpe de Estado contra o presidente chileno Salvador Allende en 1973.
O premio
O Premio Carlomagno outorgase á contribución (anual) máis valiosa para a comprensión e o desenvolvemento da comunidade en Europa Occidental e polos servizos á humanidade e á paz mundial. A contribución pode estar encadrada nos campos da literatura, das ciencias, da economía ou a política.
O xurado que outorga o Premio Carlomagno está formado por 17 persoas, entre as que se encontran o alcalde de Aquisgrán, o deán da Catedral e reitor da Escola Técnica Superior de Renania-Westfalia, radicada de igual xeito en Aquisgrán, así como representantes dos partidos políticos.
O premio consiste nun premio en metálico de 5.000 euros, unha medalla coa imaxe de Carlomagno no trono, e un certificado.
A súa entrega realízase no mes de maio no interior da Sala da Coroación da Casa do concello de Aquisgrán, logo do cal, fanse tres discursos, un polo alcalde da cidade, outro de louvanza por un convidado especial e o terceiro polo propio premiado.
Relación de premiados
Ano Premiado Actividade Nacionalidade Galería 1950 Richard Coudenhove-Kalergi Fundador do movemento europeísta Austria miniatura|Juan Carlos I miniatura|Gyula Horn (1990) miniatura|Bill Clinton (2000) miniatura|Jean-Claude Trichet (euro) e Javier Solana (2007). miniatura|Angela Merkel (2008) 1951 Hendrik Brugmans Reitor do Colexio de Europa Bélxica 1952 Alcide de Gasperi Primeiro Ministro de Italia Italia 1953 Jean Monnet Presidente da Alta Autoridade da CECA Francia 1954 Konrad Adenauer Chanceler da República Federal Alemaña Alemaña 1956 Winston Churchill Primeiro Ministro do Reino Unido Reino Unido 1957 Paul Henri Spaak Secretario Xeral da OTAN Bélxica 1958 Robert Schuman Presidente do Parlamento Europeo Francia 1959 George Marshall Secretario de Estado dos Estados Unidos Estados Unidos 1960 Joseph Bech Primeiro Ministro de Luxemburgo Luxemburgo 1961 Walter Hallstein Presidente da Comisión Europea Alemaña 1963 Edward Heath Membro da Cámara dos Lores Reino Unido 1964 Antonio Segni Presidente de Italia Italia 1966 Jens Otto Krag Primeiro Ministro de Dinamarca Dinamarca 1967 Joseph Luns Ministro de Asuntos Exteriores dos Países Baixos Países Baixos 1969 A Comisión Europea Unión Europea 1970 François Seydoux de Clausonne Embaixador francés na RFA Francia 1972 Roy Jenkins Político británico Reino Unido 1973 Salvador de Madariaga Filósofo e historiador español España 1976 Leo Tindemans Primeiro Ministro de Bélxica Bélxica 1977 Walter Scheel Presidente da RFA Alemaña 1978 Konstantin Karamanlis Primeiro Ministro de Grecia Grecia 1979 Emilio Colombo Presidente do Parlamento Europeo Italia 1980 Non se concedeu 1981 Simone Veil Presidente do Parlamento Europeo Francia 1982 Juan Carlos I Rei de España España 1984 Karl Carstens Presidente da RFA Alemaña 1986 O pobo de Luxemburgo Luxemburgo 1987 Henry Kissinger Secretario de Estado dos Estados Unidos Estados Unidos 1988 François Mitterrand Presidente da República Francesa Francia 1988 Helmut Kohl Chanceler de Alemaña Alemaña 1989 Roger Schutz Fundador da Comunidade de Taizé Suíza 1990 Gyula Horn Ministro de Asuntos Exteriores de Hungría Hungría 1991 Václav Havel Presidente de Checoslovaquia Checoslovaquia 1992 Jacques Delors Presidente da Comisión Europea Francia 1993 Felipe González Márquez Presidente do Goberno de España España 1994 Gro Harlem Brundtland Primeiro Ministro de Noruega Noruega 1995 Franz Vranitzky Chanceler de Austria Austria 1996 Beatriz I Raíña dos Países Baixos Países Baixos 1997 Roman Herzog Presidente de Alemaña Alemaña 1998 Bronisław Geremek Ministro de asuntos exteriores de Polonia Polonia 1999 Tony Blair Primeiro Ministro do Reino Unido Reino Unido 2000 Bill Clinton Presidente dos Estados Unidos Estados Unidos 2001 György Konrád Escritor e sociólogo Hungría 2002 O Euro Unión Europea 2003 Valéry Giscard d'Estaing Presidente da Convención Europea Francia 2004 Pat Cox Presidente do Parlamento Europeo Irlanda 2004 Xoán Paulo II Premio extraordinario. Papa da Igrexa Católica Polonia 2005 Carlo Azeglio Ciampi Presidente de Italia Italia 2006 Jean-Claude Juncker Primeiro Ministro de Luxemburgo Luxemburgo 2007 Javier Solana Alto Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade España 2008 Angela Merkel Chanceler de Alemaña Alemaña 2009 Andrea Riccardi Italia 2010 Donald Tusk Primeiro Ministro de Polonia Polonia 2011 Jean-Claude Trichet Presidente de Banco Central Europeo Francia 2012 Wolfgang Schäuble Alemaña 2013 Dalia Grybauskaitė Presidente de Lituania Lituania 2014 Herman Van Rompuy Presidente do Consello Europeo Bélxica 2015 Martin Schulz Presidente do Parlamento Europeo Alemaña 2016 Francisco Papa da Igrexa Católica Arxentina 2017 Timothy Garton Ash Profesor de estudos europeos na Universidade de Oxford Reino Unido 2018 Emmanuel Macron Presidente de Francia Francia 2019 António Guterres Secretariado das Nacións Unidas Portugal 2020 Klaus Iohannis Presidente de Romanía Romanía 2022 Sviatlana Cichanoŭskaja, María Kalesnikava, Verónica Zepkalo Políticos da oposición bielorrusa Belarús 2023 Volodymyr Zelenskyi Presidente de Ucraína Ucraína
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas (en alemán) Páxina oficial do Premio Internacional Carlomagno (en inglés) Páxina oficial da cidade de Aquisgrán sobre o Premio Internacional Carlomagno
Categoría:Premio Carlomagno