A estación de Huelva-Término, tamén coñecida como estación de Sevilla, foi unha estación ferroviaria de carácter terminal situada na cidade española de Huelva, en Andalucía. Foi construída en 1888 e o edificio é de estilo neomudéxar. O 22 de abril de 2018, tras 130 anos de servizo, foi pechada ao tráfico pola apertura da nova estación ferroviaria de Huelva, producíndose a chegada do último tren a esta estación a noite dese mesmo día, procedente de Sevilla.
Situación ferrovaria En Huelva-Término concluían as seguintes liñas férreas de ancho ibérico: Liña férrea Zafra-Huelva, punto quilométrico 182,0.Liña Huelva-Término Euroferroviarios Liña férrea Sevilla-Huelva, punto quilométrico 109,1.
Historia O ferrocarril chegou a Huelva o 15 de marzo de 1880 cando MZA concluíu as obras da liña férrea que unía Sevilla con Huelva.Sevilla a Huelva Spanishrailways A cómoda orografía permitiu que o trazado se construíse sen maiores sobresaltos. Poucos anos despois, en 1886 a Zafra-Huelva Company puxo en funcionamento o tramo Huelva-Valdelamusa da que sería a segunda liña férrea en chegar á cidade.Zafra a Huelva Spanishrailways A mesma prolongaríase ata Zafra tres anos despois.
A estación de Huelva foi proxectada polo empresario alemán Guillermo Sundheim con intención de ofrecer unha apropiada conexión co inxente tráfico de persoas e material mineiro que chegaba á cidade con motivo das minas do norte da provincia. Sundheim encargou aos arquitectos Jaime Font e Pedro Soto un edificio de estilo neomudéxar con importantes reminiscencias á arquitectura islámica, como arcos de entrada de ferradura, fachada en ladrillo visto e ameas. Nel destacaban dous torreóns nos laterais maiores que a nave central. A súa construción data de 1888.
O 22 de abril de 2018 a estación pechou as portas ao público, tras o último tren procedente de Sevilla, debido ao traslado á nova estación.
Notas
Véxase tamén Estación de Huelva
Huelva-término Categoría:Huelva