Cornelius (コーネリアス, kooneriasu), de nome real Keigo Oyamada (小山田圭吾), nado o 27 de xaneiro, 1969 en Setagaya, Tokyo, é un artista e produtor xaponés, situado na posición 43 dos cens músicos máis importantes do Xapón segundo HMV.Top 100 segundo HMV
Traxectoria Oyamada saltou a fama como membro do dúo de pop chamado Flipper’s Guitar, un dos grupos clave da escena de Shibuya-kei de Tokyo. Despois da disolución do grupo en 1991, Oyamada púxose o alias de "Cornelius" e embarcouse nunha carreira en solitario.
Numerosos críticos americanos describen o estilo musical do artista como similar a de Beck, a quen recoñece como influencia xunto con The Beach Boys, The Jesus and Mary Chain, Primal Scream e banda brasileira Kassin + 2, xunto moitos outros.
A música de Cornelius podería describirse como experimental e exploratoria, xa que acotío incorpora elementos disonantes harmonicamente xunto a máis sons familiares e "agradables". Esta tensión, ademais da súa práctica de levar nos sons e os samples de cultura de masas, tons electrónicos puros, e os sons da natureza (como no seu álbum Point), levouno a ser categorizado como un "gusto adquirido".
Elixiu o seu pseudónimo en homenaxe ó personaxe do filme O planeta dos simios.
Discografía Álbums de estudio Álbum Ano Selo The First Question Award 1994 Trattoria, Polystar 69/96 1995 Trattoria, Polystar Fantasma 1997 Trattoria, Polystar, Matador, Lefse Point 2001 Trattoria, Polystar, Matador Sensuous 2006 Warner Music Japan, Everloving Mellow Waves 2017 Warner Music Japan, Rostrum Records Dream in Dream 2023 Warner Music Japan
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas SEEN: Download Cornelius cornelius-sound.com - Páxina oficial (en xaponés e en inglés) corneliusjapan.com - Páxina semi-oficial (en inglés) Perfil en Nippop | Cornelius Páxina de Cornelius en Matador Records
Categoría:Produtores musicais Categoría:Cantantes do Xapón Categoría:Compositores do Xapón Categoría:Nados en Tokyo Categoría:Nados en 1969