La Gossa Sorda é un grupo musical de Pego (Marina Alta) con ritmos de rock, punk, reggae e ska entre outros. As súas letras directas en catalán son de carácter independentista e revolucionario. Utilizan ademais instrumentos do folclore valenciano tales como a dulzaina.

Historia O grupo fórmase en Pego (Marina Alta, Alacant) a comezos do ano 1999. Coa chegada do seu primeiro disco Vigila ábrense camiño cara a outros lares do ámbito lingüístico catalán, actuando en Cataluña coma é o caso do Rebrot de 2003. Co seu segundo disco Garrotades convértense nun dos grupos máis activos do 2006. O seu terceiro traballo é Saó, presentado o 28 de marzo de 2008 en Pego. Nel o grupo engadiu outros xéneros musicais coma o reggae. O seu último disco, que leva por título L'últim heretge, saíu a venda o 24 de maio de 2010.

Discografía Álbums La gossa està que bossa (2000). A súa primeira maqueta coas cancións coas que gañaron o concurso de Rock en Valencià do Consell de la Joventut. "La lluna guerrillera" "Què volen aquesta gent?" "La font dels quatre xorros" "Cassalla contra Espanya" "Sóc"

Vigila (2003). Disco gañador do premio Promocions 2003 de Ràdio Nova. "Batiste Ceba": sobre a destrución da Horta. "Estàs fotut": sobre a xuventude. "Senyor pirotècnic": sobre a situación política actual do País Valenciano. Gañadora do concurso Esclat 2003 organizado polos Maulets. Unha das súas cancións máis coñecidas. "Cada dia": sobre a represión policial. "Vigila": sobre o capitalismo salvaxe. "Ràdio Bemba": sobre as revoltas. "Carnestoltes": sobre o Carnestoltes de Pego.

Sinxelo "Brut sangonera" (2005)

Garrotades (2006) "Intro" "Mos-kou" "Garrotades" "Colpeja fort" "Putrefactes" "Vindran" "Borinot" "Ball de rojos" "Mr Bong" "Som de la Marina" "La guàrdia"

Saó (2008) "Entre canuts" "Farem saó" "Última volta" "De matinada" "Camals mullats" "Tres de Pego" "Respira" "Diuen" "Quina calitja" "Vianants" "El dia que tot rebente"

L'últim heretge (2010) "L’últim heretge" "Apocalipsi" "Amèrica" "Ateu" "Cassalla paradise" "Dóna'm la mà" "Preferiria" "L'himne del desencant" "Babaloco" "Cavallers" "Falsos i absurds"

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do grupo Wiki coas letras e as portadas dos discos LaLlum, portal de música feita no País Valenciano

Categoría:Grupos musicais de reggae rock Categoría:Grupos musicais de ska punk Categoría:Grupos musicais da Comunidade Valenciana