right|140pxright|140px Lista de reis de Valencia dende a creación do Reino de Valencia por Xaime I o Conquistador no 1239 até a promulgación dos Decretos de Nueva Planta no 1707.
Casal de Barcelona 1239-1276: Xaime I o Conquistador, rei de Aragón e conde de Barcelona. 1276-1285: Pedro I o Grande (III de Aragón), fillo do anterior. 1285-1291: Afonso I o Franco (III de Aragón), fillo do anterior. 1291-1327: Xaime II o Xusto, irmán do anterior. 1327-1336: Afonso II o Benigno (IV de Aragón), fillo do anterior. 1336-1387: Pedro II o Cerimonioso (IV de Aragón), fillo do anterior. 1387-1396: Xoán I o Cazador, fillo do anterior. 1396-1410: Martiño I o Humano, irmán do anterior. No ano 1410, Martiño I morre sen descendencia lexítima.
Interregno 1410-1412: entre a morte de Martiño I e o Compromiso de Casp.
Casa de Trastámara 1412-1416: Fernando I o de Antequera, sobriño de Martiño I. 1416-1458: Afonso III o Magnánimo (V de Aragón), fillo do anterior. 1458-1479: Xoán II o Grande, irmán do anterior. 1479-1516: Fernando II o Católico, fillo do anterior. Co casamento entre Fernando II o Católico e Isabel I de Castela, no 1469, prodúcese a unión dinástica entre a Coroa de Aragón e a Coroa de Castela. A partir de aquí, os reis de Valencia, ademais de reis de Aragón e condes de Barcelona (entre outros títulos), son tamén reis de Castela.
Casa de Habsburgo 1516-1556: Carlos I o Emperador, neto de Fernando II. 1556-1598: Filipe I o Prudente (II de Castela), fillo do anterior. 1598-1621: Filipe II o Piadoso (III de Castela), fillo do anterior. 1621-1665: Filipe III o Grande (IV de Castela), fillo do anterior. 1665-1700: Carlos II o Enfeitizado, fillo do anterior. Á morte de Carlos II, no 1700, comeza a Guerra de Sucesión Española.
Guerra de Sucesión Española 1700-1704: Filipe IV (V de Castela), bisneto de Filipe III (da dinastía Borbón) 1704-1707: Carlos III (Arquiduque Carlos de Austria) da casa Habsburgo. Coa promulgación dos Decretos de Nueva Planta, no 1707, o Reino de Valencia chega á súa fin. Porén, o título de rei de Valencia continuou e continúa sendo utilizado polos reis de España até a actualidade.
Véxase tamén
Valencia Categoría:Historia da Comunidade Valenciana