Claudio Barragán Escobar, nado en Manises (València) o 10 de abril de 1964, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español. Dende marzo de 2025 adestra o Eldense B. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección española.

Traxectoria Como xogador A fama tardou en chegarlle por problemas físicos no seu xeonllo que lle impediron facer unha mellor progresión. Típico dianteiro centro, remataba coas dúas pernas aínda que era destro e tiña un moi bo remate de cabeza.

Pertenceu ao RCD Mallorca, que en 1992 xogou a final da Copa do Rei onde destacou xunto con xogadores como Miguel Ángel Nadal, Álvaro Cervera Díaz, ou Marcos Martín e o porteiro Ezaki Badu.

No Deportivo da Coruña viviu os seus mellores anos deportivos, facendo xunto a Bebeto a gran dianteira do denominado "Superdépor", coa aliñación formada en numerosas ocasións por Liaño, Albístegui, Nando, Ribera, Miroslav Đukić, López Rekarte, Mauro Silva, Adolfo Aldana, el mesmo, Fran e Bebeto. Gañou unha Copa do Rei na tempada 1994-95.

Na tempada 1995–96 fichou polo acabado de ascender UD Salamanca, xogando 38 partidos e anotando 11 goles. O equipo non puido evitar o descenso como último clasificado.

Na campaña 1996–97 firmou polo Elche CF, en Segunda División B. Esa tempada lograron o ascenso a Segunda División, logo de quedar segundos e pasar a eliminatoria. Na tempada 1997–98 o equipo non puido evitar o descenso á categoría de bronce, logrando novamente volver a Segunda División tras a campaña 1998–99. Na tempada 1999–00 lograron a permanencia, ano no que Claudio rescindiu o seu contrato, con 35 anos.

Entre 2002 e 2004, Claudio xogou no Alone de Guardamar.

Selección nacional En 1992 Claudio xogou 6 partidos coa selección española, onde non conseguiu ningún gol.

Como adestrador Na tempada 2008–09 fíxose cargo do Elche. Foi destituído o 4 de outubro de 2009 debido ao mal inicio da tempada e despois de perder co Hércules CF, máximo rival, (3–0).

De cara a tempada 2014–15 non renovou coa Ponferradina, sendo substituído por José Manuel Díaz.

O 7 de decembro de 2016 anunciouse a súa contratación polo CD Mirandés até o remate da tempada 2016–17, de Segunda División, en substitución de Carlos Terrazas.

Palmarés Deportivo Copa do Rei: 1994–95

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do adestrador en bdfutbol.com

Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados en Manises Categoría:Futbolistas da Comunidade Valenciana Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Levante UD Categoría:Xogadores do AD Ceuta Categoría:Xogadores do Elche CF Categoría:Xogadores do RCD Mallorca Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores da UD Salamanca Categoría:Xogadores do CD Alone de Guardamar Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Adestradores de fútbol de España Categoría:Adestradores do Elche CF Categoría:Adestradores da SD Ponferradina Categoría:Adestradores do Cádiz CF Categoría:Adestradores do CD Mirandés Categoría:Adestradores do Hércules CF