Alzira é unha cidade da Comunidade Valenciana. Pertencente á provincia de Valencia, na comarca da Ribera Alta e capital da mesma, ten 44.440 habitantes (INE 2008) cunha área de influencia que excede os 250.000. miniatura|esquerda|200px|Monumento a San Bernardo, María e Gracia na avenida Sants Patrons. miniatura|290px|Vista xeral da Praza Major.

Xeografía O municipio de Alzira atópase entre os 14 e 20 metros sobre o nivel do mar, entre os meridianos 3º10' e 3º23' de lonxitude oeste e os paralelos 39º4' e 39º11'. A súa extensión é de 111,46 quilómetros cadrados, polo que é un dos máis extensos da provincia de Valencia. A distancia coa Cap i Casal é de 36 km.

Situado na súa maior parte na marxe dereita do río Xúcar ao que aflúen o río "dels Ulls" ou "Riu Verd" pola súa marxe esquerda e o barranco de Barxeta pola dereita, o río foi navegábel até Alzira por barcos de pequena tonelaxe, navegación que se mantivo ata o século XVI. O termo municipal está dividido en dous sectores, un de 83,24 km² e outro de 28,22 km², chamado La Garrofera, o cal áchase separado polos termos municipais de Massalavés, Benimuslem, Alberic e Benimodo, formando un enclave.

A superficie do termo é moi irregular, sendo completamente cha nas marxes do río Xúcar; cara ao sueste esténdense, paralelamente entre se, as serras de Corbera, a Murta e Lles Agulles, entre as que se desenvolven, os vales da Murta, a Casella e Aigües Vives, mentres que o sector da Garrofera está accidentado polas vertentes orientais da serra de Tous.

O clima é de tipo mediterráneo, cunha brusca transición do estiaxe estival ás abundantes choivas outonais, de tipo torrencial, que producen frecuentes inundacións

Accédese a esta cidade dende Valencia, a través da autoestrada A-7 e a autoestrada AP-7. Ten estación de ferrocarril (RENFE) da liña Valencia-Almansa, e integrada na liña de proximidades Valencia C2. Pódese acceder a Alzira en autobús interurbano desde Carcaixent, Algemesí, Cullera e Sueca.

Para os desprazamentos dentro da cidade, Alzira conta cun servizo de autobuses urbanos (AlziBus) de titularidade municipal cuxas tres liñas unen tódolos barrios coa estación de ferrocarril, o hospital da Ribera, centros de saúde, centros comerciais, centros de ensino etc.

Núcleos Alzira (barrios): La Vila Tulell L'Alborxí Centre Urbà Sant Joan Sants Patrons Caputxins Les Basses Venècia L'Alquerieta La Barraca d'Aigües Vives (Entidade Local Menor) El Torretxó La Garrofera El Pla de Corbera San Bernat Vilella

Categoría:Cidades da Comunidade Valenciana Categoría:Concellos da provincia de Valencia