290px|miniatura|Vista de Calp co Peñón de Ifach 290px|miniatura|Rúa típica de Calp miniatura|dereita|290px|Porto pesqueiro de Calp Calp é un concello do País Valenciano situado na costa norte da provincia de Alacant, na comarca da Marina Alta. Ten 29.228 habitantes (INE 2008).
Na súa costa álzase maxestosamente o peñón de Ifach, unha mole rochosa de 332 m de altura. O devandito peñón é un dos símbolos da Costa Branca.
Xeografía A referencia máis evidente da xeografía de Calp é o penedo de Ifach, declarado parque natural pola Generalitat Valenciana en 1987. O termo municipal presenta moitas praias e calas de moi boa calidade. Outro lugar importante constitúeo o parque natural das Salinas, das que antigamente extraeuse sal dende a época romana.
Economía e demografía Tradicionalmente, foi unha poboación agrícola, que producía améndoas, pasas e algarrobas; a súa economía tamén se apoiaba na pesca e a extracción de sal das súas salinas, hoxe en día parque natural. Con todo, dende o século pasado (xa nos anos trinta veraneou en Calp Ernest Hemingway), sobre todo a partir dos anos 60 do século XX, converteuse nun municipio turístico, transformando a súa economía, o seu urbanismo e, en gran medida, a súa propia poboación.
No ano 2008, tiña 29.228 habitantes, dos cales un 62,8% era da inmigración, principalmente británicos (4.375 censados, un 15% del total del censo) e alemás (3.887, un 13% do censo).Fonte: Explotación estatística do censo segundo o Instituto Nacional de Estadística. Poboación por sexo, municipios e nacionalidade (principais nacionalidades).
Evolución demográfica de CalpFonte: Poboación de feito segundo el Instituto Nacional de Estadística de España. Alteracións de los municipios en los Censos de Poboación dende 1842, Series de poboación dos municipios dende 1996. 1857 1887 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2000 2006 2008 Poboación 1.667 2.008 2.415 2.306 2.480 2.241 1.922 1.970 2.177 3.399 8.000 10.962 16.733 26.382 29.228
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ajuntament de Calp Índice de estatística municipal de Calp. Unidade de Documentación da Deputación de Alacant. Web turística de Calp realizada pola Comunidade Valenciana
Categoría:Cidades da Comunidade Valenciana Categoría:Concellos da provincia de Alacant