miniatura|Manifestación do Día da Patria de 1991 en Santiago de Compostela A Frente Popular Galega é unha organización política galega situada ideoloxicamente no marxismo-leninismo e no independentismo, que traballa pola consecución dunha República GalegaA FPG pide a unidade da esquerda para acadar a "República galega" , nova no diario dixital Galicia Confidencial o 21 de xullo de 2010..
A súa acción política guíase polos principios de: independencia nacional, socialismo, anticolonialismo, democracia popular, anti-imperialismo, solidariedade internacionalista e auto-organización.
Historia Cando en 1986 a UPG acepta a participación do BNG no Parlamento Galego, 13 membros do seu Comité Central, liderados por Mariano Abalo, secretario xeral, e Xan Carballo, secretario xeral da INTG, deixan o partido, constituíndo o Colectivo Comunista 22 de marzo, que o 25 de xullo de 1986 transfórmase no Partido Comunista de Liberación Nacional. A III Asemblea Nacional do BNG expulsa ao PCLN porque pedían o voto para HB nas eleccións europeas.
En 1987 o PCLN e Galiza Ceive-OLN xunto con outras organizacións menores de carácter local como os Colectivos Nacionalistas de Trasancos e Vigo, Grupos Independentistas Galegos de Santiago de Compostela e o colectivo Iskeiro de Ferrol forman a FPG que celebrou a súa asemblea constituínte en xuño de 1988. A súa presentación pública prodúcese o 10 de marzo de 1988
En xuño de 1989 sufriu a escisión dos sectores nucleados en torno a Galiza Ceive-OLN que apoiaban a loita armada do EGPGC que constitúen a Assembleia do Povo Unido (APU). En 1992, o grupo editor da vella revista Espiral, liderado por Xosé Luís Méndez Ferrín, incorpórase á FPG, que en 1994 abandona o seu carácter frontista converténdose en partido.
Nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2001 obtivo 3.176 votos (0'3%), nas eleccións xerais de 2004 tivo 2.257 votos (0'12%) e 1 concelleiro por Cangas de Morrazo nas eleccións municipais de 2003. Nas eleccións autonómicas de 2005 conseguiu 2.982 votos (0'2%).
Nas eleccións municipais de 2007 presentouse en Vigo, onde contou con 549 votos (0,36%) e en coalición con outras forzas de esquerda en Cangas na candidatura da Alternativa Canguesa de Esquerdas que contou con 1890 votos (13,1%) e 3 concelleiros, o que supuxo a entrada no goberno municipal, converténdose o líder da FPG, Mariano Abalo en concelleiro de urbanismo de Cangas de Morrazo.
Nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2009 presentaron a Xosé Luís Méndez Ferrín como candidato a presidente da XuntaMéndez Ferrín será o candidato da FPG á presidencia da Xunta, Vieiros, 26 de xaneiro de 2009., mentres que para as eleccións europeas de 2009 integrouse na candidatura Iniciativa Internacionalista – A Solidariedade entre os Pobos, indo doutra volta Méndez Ferrín no número 6 da mesma.Comunicado de prensa: Componentes de la candidatura , iniciativainternacionalista.org Porén, o Tribunal Supremo, a instancias do goberno do PSOE, ilegalizou esta candidatura por estar, na opinión deles, promovida pola esquerda abertzale (considerada pola xustiza española como "contorna" de ETA)O Supremo anula a lista de Méndez Ferrín , A Nosa Terra.. Tras ser recorrida a sentenza, o Tribunal Constitucional volveu legalizar dita candidaturaAuto íntegro do Tribunal Constitucional , PDF, en castelán..
En 2012 o partido integrouse no novo partido Anova-Irmandade Nacionalista (Anova-IN), partipando xunto a estes nas coalicións Alternativa Galega de Esquerda (2012-2015), En Marea (2015-2019) e Galicia en común (2019-actualidade). Grazas a esta política de alianzas a FPG conseguiu varios representantes a nivel local en concellos coma Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol ou A Coruña.
En 2021 a organización celebrou o seu noveno congreso, no que se enfrontaron dúas candidaturas, unha na que se encadraron históricos como Méndez Ferrín ou as concelleiras de Vigo, Coruña e Ferrol, e outra conformada na súa maioría por un sector de militantes da organización xuvenil do partido, Xeira, que a abandonaran en xaneiro dese ano. Finalmente, a primeira lista resultou gañadora do congreso, sendo elixida secretaria-xeral Oriana Méndez. Un sector da militancia abandonou o partido e fundou o Partido Comunista pola República Galega (PCRG).
Os referentes xuvenís da FPG foron Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega) entre 2004 e 2013 e Xeira entre 2013 e 2021.
Evolución do voto
Eleccións Votos % Deputado(s) Eleccións ao Parlamento de Galicia 1997 3.395 0.22 0 Eleccións ao Parlamento de Galicia 2001 3.176 0.21 0 Eleccións ao Parlamento de Galicia 2005 2.982 0.18 0 Eleccións ao Parlamento de Galicia 2009 2.903 0.17 0 Dende as eleccións municipais do 2007 preséntase coaligado con Esquerda Unida e co Partido Comunista do Povo Galego, no concello pontevedrés de Cangas de Morrazo baixo a denominación de Alternativa Canguesa de Esquerdas (ACE). Nos resultados que se mostran a continuación súmanse os votos de ACE cos de FPG noutros concellos.
Nas eleccións municipais do 2011 presentouse por primeira vez no concello pontevedrés de Redondela, obtendo 613 votos e moi preto de conseguir un concelleiro. Nestas eleccións presentouse por segunda vez na cidade de Vigo, mellorando os seus resultados anteriores. Eleccións Votos % (en Galiza) Concelleiro(s) Eleccións municipais de 1999 645 0.04 1 Eleccións municipais de 2003 967 0.06 1 Eleccións municipais de 2007 2.434 0.14 2 Eleccións municipais de 2011.http://resultados.elpais.com/elecciones/2011/municipales/11/index.html 2.924 0.19 2
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Anova Xeira
Ligazóns externas Páxina Web da FPG
Categoría:Independentismo galego Categoría:Anova-Irmandade Nacionalista