Canonical Ltd. é unha empresa privada fundada e financiada polo empresario surafricano Mark Shuttleworth, para a promoción de proxectos relacionados co software libre. Ten a súa sede no paraíso fiscal da Illa de Man pero os seus empregados están espallados por todo o mundo.
O principal proxecto de Canonical é o desenvolvemento, distribución e comercialización de Linux Ubuntu. Outros proxectos apoiados pola compañía son Launchpad, o proxecto TheOpenCD (unha colección de programas libres para Windows) e Bazaar (un sistema de control de versións desenvolvido en Python).
Tivo un beneficio de 59.9 millóns de € en 2013, e cara 2015 contaba con máis de 700 traballadores.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial de Canonical Ltd. Canonical Ltd. en Github.
Categoría:Empresas do Reino Unido Categoría:Empresas de software