Suede é un grupo de rock londiniense formado en Londres en 1989, disolto en 2003, e reunido no ano 2010. Nos Estados Unidos son coñecidos como The London Suede, posto que o seu nome orixinal xa estaba rexistrado.
A formación coa que se deron a coñecer foi: Brett Anderson (voz), Bernard Butler (guitarra), Matt Osman (baixo) e Simon Gilbert (batería). Antes de gravar o seu primeiro disco tamén pasaron pola banda fugazmente o batería de The Smiths, Mike Joyce e a que máis tarde sería cantante e líder do grupo Elastica, Justine Frischmann, por aquela época noiva de Brett Anderson.
Historia Formación e primeiros anos Brett Anderson e Justine Frischmann coñecéronse en 1988 mentres estudaban no University College London e convertéronse en parella pouco despois.Harris, p. 28-30 Xunto co amigo da infancia de Anderson, Mat Osman, crían que tiñan as bases para unha banda e pasaban horas ao día tocando cancións de Roxy Music, The Smiths, David Bowie e The Cure.Harris, p. 32 Despois de chegar á conclusión de que nin Anderson nin Frischmann tiñan as habilidades para ser guitarristas principais, a banda publicou un anuncio en NME, no número da revista do 28 de outubro de 1989 buscando cubrir o posto: "Unha banda londiniense necesita un guitarrista novo. Smiths, Commotions, Bowie, Pet Shop Boys. Nada de músicos. Algunhas cousas son máis importantes que a habilidade. Chama a Brett". O anuncio atraeu a Bernard Butler, de dezanove anos, que axiña fixo unha audición para unirse á banda.Barnett, p. 32 Decidíronse polo nome Suede. Inicialmente sen batería, a banda usou unha caixa de ritmos.Harris, p. 34-35 A pesar dos esforzos de Frischmann como representante de facto da banda, tocaron principalmente en pequenos concertos arredor de Camden Town en Londres.Harris, p. 35
O primeiro éxito de Suede chegou coa súa segunda maqueta, Specially Suede, que enviaron para competir en Demo Clash, un programa de radio na Greater London Radio presentado polo DJ Gary Crowley. "Wonderful Sometimes" gañou o Demo Clash durante cinco domingos consecutivos en 1990, o que lles permitiu asinar un contrato discográfico co selo indie RML, con sede en Brighton. A canción apareceu nunha recompilación en casete en abril de 1990, representando o primeiro lanzamento oficial de Suede.Barnett, p. 37 Despois dunha serie de actuacións cunha caixa de ritmos pouco fiable, Suede decidiu contratar un batería a tempo completo. Justin Welch ocupou brevemente o posto, aínda que só durou seis semanas antes de unirse á banda de Crawley Spitfire.Harris, p. 36 Porén, permaneceu o tempo suficiente para gravar dúas cancións coa banda que estaban programadas para ser lanzadas como o sinxelo "Be My God"/"Art" a través de RML Records. A banda non quedou satisfeita co resultado e a maioría das 500 copias fabricadas foron destruídas.Harris, p. 36-37 Suede publicou outro anuncio buscando un substituto. Para a súa sorpresa, respondeu o ex batería dos Smiths, Mike Joyce. Finalmente, rexeitou o traballo, sentindo que Suede aínda necesitaba forxar a súa propia identidade e que a súa presenza podería prexudicalos debido ás súas semellanzas cos Smiths.Barnett, p. 45 En xuño de 1990 Suede atopou un batería permanente, Simon Gilbert, a través de Ricky Gervais, que inicialmente traballou na industria musical e foi o representante da banda antes de dedicarse á comedia. Ambos traballaron na University of London Union (ULU). Despois de escoitar a maqueta e de darse conta de que á banda lle faltaba batería, Gilbert pediu unha audición.Barnett, p. 50-51 miniatura|Brett Anderson Na primavera de 1991 Anderson e Frischmann romperan. Frischmann comezou a saír co líder de Blur, Damon Albarn. Ela cría que a banda podería adaptarse á nova situación.Harris, p. 61 Porén, as tensións aumentaron. Butler lembraba: "Chegaba tarde aos ensaios e dicía o peor do mundo: 'Estiven nunha gravación de Blur'. Foi entón cando rematou todo, de verdade. Creo que foi o día despois de que ela dixese que Brett me chamara por teléfono e me dixera: 'Boteina fóra'". Despois da marcha de Frischmann o carácter do grupo cambiou. "Se Justine non deixase a banda", comentou Anderson, "non creo que chegásemos a ningún lado. Foi unha combinación de estar motivados persoalmente e a química correcta unha vez que ela marchou". Anderson e Butler fixéronse amigos íntimos e comezaron a escribir varias cancións novas xuntos.Harris, p. 62 Aínda así, a música da banda seguiu sen estar en sintonía cos sons predominantes da escena musical londiniense e o movemento grunge estadounidense. Anderson sinalou: «Durante todo 1991, os homes de A&R non nos miraban nin unha segunda vez".Harris, p. 63
A finais de 1991 e principios de 1992 Suede recibiu varias mencións favorables na prensa musical, conseguindo participacións en concertos organizados por NME e aos que asistiron figuras destacadas, como o ex cantante dos Smiths, Morrissey. Un concerto na ULU en outubro de 1991, que chamou a atención dos medios, marcou a última actuación de Frischmann coa banda.Barnett, p. 63-64 O xornalista da NME John Mulvey, o primeiro en escribir sobre Suede, asistiu ao concerto. Comentou: "Tiñan encanto, agresividade e... se non exactamente erotismo, algo un pouco perigoso e emocionante".
Primeiros éxitos Despois de ver á banda actuar nun concerto da NME en xaneiro de 1992, Saul Galpern contactou con eles para asinar co seu selo discográfico independente, Nude Records. Suede finalmente asinou un contrato de dous sinxelos con Nude en febreiro de 1992 por 3 132 libras.Barnett, p. 74 Tras a oferta de Nude, Suede espertou máis interese por parte de Island Records e East West Records, que estaban ansiosos por asinar coa banda un contrato a longo prazo.Barnett, p. 74-75 Suede estaba a ser aclamado como "a próxima gran cousa" e, antes do lanzamento do seu primeiro sinxelo, Melody Maker presentou á banda na portada do seu número do 25 de abril co título "Suede: The Best New Band in Britain". O primeiro sinxelo da banda, "The Drowners", chamou a atención polo seu forte contraste coa esmorecida escena Madchester e o son grunge estadounidense da época. "The Drowners"conseguiu un éxito moderado, alcanzando o número 49 na lista de sinxelos do Reino Unido en maio.Roberts, David, ed. (2006), British Hit Singles & Albums (19ª ed.), HIT Entertainment, ISBN 1-904994-10-5 Geffen Records contactou entón coa banda, e aínda que o acordo con Geffen era moi atractivo (Galpern cualificouno de "unha tolemia"), o grupo aínda tiña outras ofertas que considerar.Barnett, p. 89 En setembro de 1992, Suede lanzou o seu segundo sinxelo, "Metal Mickey", que alcanzou o número 17 nas listas. Foi o único sinxelo de Suede en entrar no top 10 na lista estadounidense Modern Rock, alcanzando o número 7. Pouco despois do lanzamento de "Metal Mickey", Suede asinou con Nude/Sony. Galpern estaba decidido a fichar a banda a longo prazo e chegou a un acordo con Sony, convertendo o selo nunha pequena discográfica independente co apoio dunha gran compañía.Barnett, p. 96 O contrato deulle a Suede o control creativo sobre aspectos como a arte dos seus lanzamentos.
Anderson axiña se fixo coñecido por causar controversia, como a súa infame cita que resurdiu en entrevistas e artigos nos anos seguintes: era "un home bisexual que nunca tivo unha experiencia homosexual". En febreiro de 1993 Suede pasou de ser unha banda indie moi promovida a ser un dos principais candidatos ás listas de éxitos co seu terceiro sinxelo, "Animal Nitrate", que entrou no top 10 do Reino Unido. O sinxelo valeulles unha invitación de última hora para actuar na cerimonia dos Brit Awards dese ano. Escribindo en 2005, Victoria Segal, de The Times, reflexionou sobre os inicios da carreira da banda, sinalando que as "letras sexualmente fluídas de Suede convertéronas nun punto de encontro para os alienados, unha das poucas bandas británicas desde os Smiths que uniron tanto como dividiron". Fixéronse comparacións con David Bowie, aínda que o son de Suede non se parecía a nada máis naquel momento, e axiña se asociaron cun novo movemento que os críticos etiquetaron rapidamente. Anderson lembrou: "Sempre me fascinaran os suburbios e gustábame incorporar estas referencias retorcidas da vida británica dos pobos pequenos ás cancións. Isto foi antes de que tivésemos ese horrible termo britpop".
Antes de que Suede lanzase un disco dominaban xa a prensa musical con só tres sinxelos, o que xerou grandes expectativas para o próximo álbum. Suede entrou nas listas británicas no número un, rexistrando as maiores vendas iniciais para un álbum de estrea dende Welcome to the Pleasuredome de Frankie Goes to Hollywood unha década antes. Vendeu máis de 100 000 copias na súa primeira semana,Harris, p. 86 converténdose en ouro o segundo día. Naquel momento, foi aclamado como "a estrea máis agardada dende Never Mind The Bollocks dos Sex Pistols".Phrommayon, Annie (11 de marzo de 1997). "Born to be Cool". The Nation Un momento notable na prensa daquela foi a portada do número de abril de 1993 de Select, que moitos consideran o comezo do britpop. O álbum gañou o Mercury Prize de 1993, e a banda doou a totalidade das 25 000 libras en metálico do premio a Cancer Research.Barnett, p. 127 Este foi o único álbum lanzado nos Estados Unidos co nome de "Suede", onde segue sendo o lanzamento máis vendido da banda.
Tras o éxito do álbum a banda realizou unha extensa xira por toda Europa, recibindo unha importante cobertura da MTV. En xullo Suede celebrou un concerto benéfico para a Red Hot Organization no "The Grand" de Londres, invitando a Siouxsie Sioux a interpretar unha versión de "Caroline Says" de Lou Reed con Butler.Craven, Art. "Suede The Grand London 12 July 1993". Spin. Outubro de 1993 Suede preparouse entón para unha xira americana no verán de 1993. Durante a xira comezaron a xurdir tensións entre Butler e o resto da banda. As tensións alcanzaron o seu punto máximo na primeira xira americana nos Ánxeles, cando Butler desapareceu durante unha proba de son. O concerto continuou, pero durante o resto da xira as dúas partes apenas falaron.Barnett, p. 122 As tensións empeoraron na segunda xira americana, en gran parte debido á morte do pai de Butler, o que obrigou a Suede a cancelar a xira prematuramente. Butler non estaba satisfeito coa indulxencia da banda durante o seu loito, o que provocou o seu afastamento do grupo, chegando incluso a viaxar por separado.Barnett, p. 128 O éxito de Suede nos Estados Unidos foi limitado, xa que xa comezaran a ser eclipsados polo seu abreconcertos, The Cranberries, que recibiu o apoio da MTV do que Suede carecía. En varias ocasións Butler abandonou o escenario durante as actuacións de Suede e persuadiu a un membro de The Cranberries para que o substituíse.Harris, p. 169 Ademais, a demanda dunha cantante obrigou á banda a deixar de usar o nome estadounidense rexistrado "Suede". Para lanzamentos e concertos posteriores nos Estados Unidos, o grupo usou o nome "The London Suede".Rosenblum, Trudi Miller (23 de abril de 1994). "Suede To Change Name for U.S." Billboard Anderson non estaba satisfeito con ter que cambiar o nome da banda para o mercado estadounidense, afirmando: "The London Suede non é o nome que elixín para a banda, non o cambiei con gusto e non vou finxir que o fixen".
Marcha de Butler e Dog Man Star miniatura|Bernard Butler en 2023