miniatura|Prunkstiege no Museo. miniatura O Kunsthistorisches Museum (Museo de Historia da Arte) de Viena (Austria) é un dos primeiros museos de belas artes e artes decorativas do mundo. O termo Kunsthistorisches Museum aplícase tanto á institución como ao seu edificio principal.

Inaugurouse en 1891 ao mesmo tempo que o Naturhistorisches Museum polo emperador Francisco Xosé I de Austria-Hungría. Os dous museos teñen exteriores idénticos e están un fronte ao outro a ambos os dous lados da Praza de María Teresa. Ambos os edificios foron erixidos entre 1872 e 1891 de acordo aos planos deseñados por Gottfried Semper e Karl Freiherr von Hasenauer.

Os dous museos da Ringstraße encargounos o emperador para encontrar un aloxamento adecuado para a magna colección de arte dos Habsburgo. A fachada do edificio é de arenito. Ten planta rectangular, e acaba nunha cúpula de 60 metros de alto. Está coroado por unha estatua colosal de Palas Atenea. O interior do edificio está luxosamente decorado con mármore, decoracións de estuco, pan de ouro, e pinturas.

Colección

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Monreal, L., Grandes Museos, vol. 2, Editorial Planeta, 1975. ISBN 84-320-0460-X (colección completa)

Outros artigos

Gabinete Numismático do Kunsthistorisches Museum

Ligazóns externas Páxina web oficial

Categoría:Museos de Austria Categoría:Museos de arte Categoría:Museos arqueolóxicos Categoría:Museos de numismática