A Crónica de Afonso III é un documento histórico, crónica, escrito por ou para o rei Afonso III,Collins (2005), p. 139 e que abarca un espazo de tempo que vai desde o reinado de Wamba até o final do reinado de Ordoño I. Existen dúas versións desta crónica, a Rotense e a Ovetense (Ad Sebastianum, Sebastiense, A Sebastián ou Erudita). A variante Rotense, leva ese nome polo mosteiro no que se atopou o escrito máis antigo da crónica; e a versión Ad Sebastianum ou Ovetense, denomínase así pola denominación do destinatario dunha carta que fai de prefacio e que só aparece nesa versión. A versión rotense é a máis completa. Historia e características Foi redactada en Oviedo arredor do 888, xa que se fala da toma de Viseu. O documento é moi posterior os feitos relatados e ten unha clara intencionalidade política: remontar no tempo a xenealoxía do rei até facela enlazar cos últimos reis visigodos (neogoticismo) para así lexitimar a súa autoridade fronte a do resto dos señoríos existentes no territorio galego. Estes dous feitos reducen moito o seu valor como instrumento historiográfico.

A crónica comeza coa morte de Rescesvinto e a elección de Wamba, e continúa cos reis godos até Witiza. Pinta a estes reis como cheos de pecados, razón esta da perdición do reino. Esta crónica foi fundamental no establecemento do mito da Batalla de Covadonga:

Texto extraído da crónica:

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Artigo na enciclopedia de Oviedo

Categoría:Historia de España Categoría:Crónicas medievais de España