Zapatiño quieto é é un xogo popular que se practica sen necesidade de ter ningún material. Un dos xogadores apanda e colócase contra unha parede e os demais detrás del a unha distancia predeterminada. Quen apanda repite a frase Zapatiño quieto é e cando remata de pronunciala pode darse a volta, co gallo de pillar ó resto de compañeiros movéndose. Cando estes son sinalados por quen apanda, volverán á distancia inicial dende onde partiron. Gaña quen chegue primeiro a quen apanda, e pasa entón a substituílo.
Outras expresións Outras frases que se poden recitar no canto de Zapatiño quieto é son: Unha, dúas e tres, poliño inglés (que é outro dos nomes do xogo) Pérez & Tabernero (1997:224) Un, dous, tres, volta atrás quen move o pé Cortizas (2001:75)
Nomes noutras linguas castelán: Un, dos, tres, chocolate inglés; Las estatuas de marfil; Escondite inglés; Un, dos, tres ¡pica pared!; Un, dos, tres, palito inglés; Un dos tres, queso italiano: Un, due, tre, stella catalán: U, dos, tres, pica la paret! francés: Un, deux, trois, soleil inglés: Red light/Green light
Notas
Véxase tamén Bibliografía Ricardo Pérez y Verdes e Xaquín Alberto Tabernero Balsa: Xogos populares en Galicia. Santiago de Compostela: Edicións Lea (1997). Antón Cortizas: Chirlosmirlos. Enciclopedia dos xogos populares. Vigo: Edicións Xerais de Galicia (2001).
Categoría:Xogos populares de Galicia