A Compañía de Tranvías da Coruña, S.A. é unha empresa galega de transportes que proporciona o servizo de transporte público urbano na cidade da Coruña, en réxime de concesión municipal.
Historia e etapas miniatura|Imaxe dun dos tranvías que circulaban polo paseo marítimo. A Compañía de Tranvías foi creada en 1903 cun servizo entre Porta Real e a Estación de Norte mediante tranvías tirados por mulas. Tiña ramais a Riazor e ás cocheiras. Debido aos malos resultados económicos dos anos anteriores, en 1907 fíxose coa xestión do servizo unha compañía belga. Nese tempo instalouse unha vía dobre nos Cantóns para evitar a conxestión do tráfico nos cruzamentos e comezaron tamén as obras do ramal Travesía da Primavera (hoxe rúa do alcalde Marchesi) - Ponte de Monelos. A creba económica desta compañía fixo que a Compañía de Tranvías retomase a xestión dous anos despois.
Os primeiros proxectos de electrificación das liñas chegaron en 1911, de xeito que dous anos despois a tracción eléctrica substituíse por completo a tracción animal. Nese tempo, a frota de mulas acadaba a cifra de 50 cabezas. En 1915 comezouse a construír a liña a Sada.
En 1916 Pedro Barrié de la Maza, até entón membro do consello de administración, accedeu á presidencia.
O 31 de decembro de 1922 inaugurouse o tranvía ata Sada.Ruta de tranvía Coruña Sada
Durante a guerra civil española paralizáronse os servizos durante un ano coas conseguintes perdas económicas.
En 1947 a compañía logrou o récord histórico de viaxeiros, con máis 16 millóns de persoas tranportadas. Nesa década comezaron a desaparecer os tranvías, coa primeira liña servida por trolebús entre a Praza de Pontevedra e Monelos en 1948. En 1949 desapereceu a liña de tranvía pola rúa de Santo André e o último servizo de tranvía desapareceu en 1962. Tres anos despois chegou a primeira liña de autobús entre a Praza de Pontevedra e A Ponte da Pasaxe substituíndo os trolebuses, que fixeron o último servizo en 1979.
A finais dos anos 80 tivo lugar unha das maiores reestruturacións das liñas debido á forte baixada do uso do bus urbano en favor do vehículo particular. Foi tamén nesa década cando se produciu a unificación cromática na carrocería dos buses que deu como resultado a característica cor vermella actual. Posteriormente, tamén se irían unificar, de xeito progresivo, a estética das marquesiñas.
Durante o mandato de Francisco Vázquez houbo o primeiro intento de implantación por parte do Concello dun carril bus pola rúa de Santo André, obra que finalmente sería retirada por mor das queixas veciñais. En 1997 inaugurouse a primeira liña de tranvía histórico (con dúas unidades en servizo, mais outra desde 2001) con fins turísticas que percorría o paseo marítimo entre o Castelo de Santo Antón e a Torre de Hércules e que dous anos despois foi estendido até a rotonda do paseo marítimo coa rúa Curros Enríquez.
A finais dos anos 90 o Concello puxo en marcha a primeira tarxeta con chip dixital de bonobús recargábel en colaboración con Caixa Galicia, motivo polo cal foron eliminados os billetes bono-bus vixentes até entón. Ademais, en 1998, puxéronse en servizo os primeiros autobuses adapatados para persoas con mobilidade reducida.
No primeiro lustro do século XXI o Concello puxo en marcha a tarxeta-moedeiro municipal multiúsos (carné das biliotecas municipas, pago da ORA, bonobús...) chamada Millennium. A instauración desta tarxeta multiúsos significou a progresiva desaparición da existente con anterioridade, de uso exclusivo para o pago de viaxes en bus. Após 2005, a tarxeta Millenium foi integrada no recentemente creado Sistema de Transporte Metropolitano de Galicia.
En 2003, co motivo do centenario da empresa o Concello inaugurou na rotonda de Porta Real un pequeno monumento conmemorativo. Este mesmo ano, introdúcese o sistema de control por satélite da frota.
Durante a etapa do goberno bipartito PSdeG-PSOE - BNG no Concello, foron introducidos importantes cambios e procesos de modernización: Implantación de carrís bus polas vías avenida Xeneral Sanjurjo, rúa Federico Tapia, Praza de Pontevedra, rúa Santo André e rúa San Xoán que, se ben melloraron os tempos de viaxe das rutas afectadas, motivou as queixas de moitos comerciantes da zona centro. Supresión dos tornos que os pasaxeiros debían atravesar a fin de rexistrar a súa viaxe. Aparellada a esta medida, púxose a disposición dos viaxeiros que pagasen en metálico a entrega dun tícket-recibo que xustificaba o uso do servizo. Instalación de carteis indicadores dinámicos nos exteriores de todos os buses. Posta en uso da tecnoloxía "sen contacto" das tarxetas Millennium. Instalación de "paradas intelixentes" na avenida do Xeneral Sanjurjo (Catro Camiños), rúa da Torre e Porta Real. Galeguización de topónimos que foran historicamente deturpados. Coa chegada do Partido Popular ao goberno municipal en 2011 varias das medidas anteriores foron anuladas e producíronse, de novo, importantes cambios: Todos os tramos de carril bus, agás o da praza de Pontevedra, foron substuídos por "Vías Prioritarias Vixiadas", de nova creación. As paradas intelixentes, sen mantemento, foron eliminadas ao se considerar que o seu mantemento era insustentábel economicamenteEl Concello retirará las marquesinas ´inteligentes´ que se instalaron en 2011. Suspéndese indefinidamente o tránsito do tranvía histórico entre Riazor e a rúa Curros Enríquez ao se atopar deficiencias técnicas na infraestruturaEl Ayuntamiento de A Coruña suspende el servicio de tranvía al detectar daños en las vías. Con posterioridade, esta supresión indefinida do servizo sería estendida á totalidade do traxecto. Co comezo das obras na Dársena da Mariña a fin de soterrar boa parte do tráfico rodado e humanizar a súa superficie, o Concello decide trasladar a histórica cabeceira —que era comezo ou fin de traxecto para moitas das liñas máis importantes da compañía— de Porta Real á contorna do hospital Abente y Lago. A medida terá moi boa acollida por parte da veciñanza, que verá ampliada a oferta prestada ao recinto hospitalario (de gran demanda) sen prexuízo dos servizos que xa se viñan a dar, motivo polo cal se reclamará o mantemento desta cabeceira tralo remate de ditas obras. Implantación da primeira tarifa plana de bonobús O alcalde anuncia que o primeiro Plan de Mobilidade Urbana Sostible impulsa a implantación da tarxeta Millennium Plus e a tarifa plana para o bus urbano.
En 2014 a empresa levou 20,9 millóns de viaxeirosLa Compañía de Tranvías aumenta sus beneficios en 2014 en un millón de euros laopinioncoruna.es.
Frota de autobuses Actualmente a CTC conta cunha frota estable e permanente de aproximadamente 93-94 autobuses (as incorporacións non engrosan a frota, senón que substitúen as unidades máis antigas). O patrimonio da empresa foi valorado en 2013 en 18 millóns de euros.
Renovación da frota En decembro de 2009 incorpóranse dez novas unidades MAN, con melloras en canto a accesibilidade para as persoas con mobilidade reducida e discapacitados, respecto ó medio ambiente tanto en emisións atmosféricas como no nivel de ruído, e visualización da información.
No mes de setembro de 2012, outros oito autobuses substitúen outros tantos da frota coruñesa. Trátase de autocares MAN, de novo deseño para o que estabamos acostumados e cunhas características técnicas e tecnolóxicas que veñen mellorar todo o anterior. Cinco deses buses son ríxidos e os tres restantes son articulados. Presentados o 25 de setembro en María Pita, ó día seguinte xa rodaban pola cidade.
Dentro das melloras e novidades máis salientables desta nova remesa, destaca a nova estética da carrozaría tipo Lion's City, a apertura electrónica das dúas portas traseiras, novos asentos e configuracións interiores, un novo sistema de ramplas de funcionamento máis fiable e o detalle estrela en canto á información visible para o usuario: os novos paneis de leds no frontal superior, con número (na súa cor correspondente) e as cabeceiras da liña de cada bus. Estes paneis xa se foron instalando progresivamente tamén en tódolos buses de anteriores xeracións en activo.
Máis recentemente, en 2014 e 2015, Tranvías da Coruña incorporou á frota 4 MAN máis e como aliciente, 12 unidades (3 delas articuladas) do novo e afamado modelo Citaro C2, da casa Mercedes Benz. Isto permite dar de baixa definitivamente ós tres últimos buses existente con escaleiras de acceso (tres articulados). Deste xeito, e xunto coa "accesibilización" (con ramplas manuais) de 13 dos máis antigos vehículos, pódese dicir xa que no 2016 a frota de autobuses de Tranvías da Coruña será ó fin 100% accesible.
Liñas en servizo
Bus Urbano Liñas Compañía de Tranvías da Coruña Liña Percorrido173x173px Hospital Abente y Lago - Praza Pablo Iglesias174x174pxHospital Abente y Lago - A Pasaxe, Santa Xema - Santa Cristina (Só no Verán)174x174pxHospital Abente y Lago - Os Castros175x175pxHospital Abente y Lago - Hospital de Oza - As Xubias175x175pxSan Pedro de Visma, Igrexa - Durmideiras175x175pxSan Pedro de Visma, Igrexa - Durmideiras175x175pxHércules, Mercado - Barrio das Flores175x175pxDurmideiras - Espacio Coruña175x175pxHércules, Mercado - Meicende175x175pxHércules, Mercado - Bens175x175pxHércules, Mercado - Ventorrillo, Centro de Saúde175x175pxAs Lagoas - Marineda City175x175pxEmilio Glez.López, Manuel Azaña - CHUAC, glorieta - Materno Infantil175x175pxPraza do Conservatorio - CHUAC, glorieta - Materno Infantil175x175pxEmilio Glez.López, Manuel Azaña - Praza Pablo Iglesias175x175pxHércules, Mercado - CHUAC, glorieta - Materno Infantil175x175pxJuan Flórez, 10 - A Pasaxe175x175pxJuana de Vega - Novo Mesoiro175x175pxJuan Flórez, 10 - A Pasaxe, Santa Xema175x175pxHospital Abente y Lago - Urbanización Breogán175x175pxHospital Abente y Lago - Urbanización Breogán175x175pxPraza de Pontevedra, 18 - O Carón175x175px (Bus Moucho) Os Castros - Santa Catalina175x175px (Especial Universidade) Praza de Pontevedra, 18 - Campus da Zapateira, Filoloxía<center>* Os buses das liñas 3, 6 e 23 intercámbianse cada mes cos das liñas 3A, 6A e 23A, respectivamente.Liñas de autobús, percorridos
Paradas A rede está formada por 592 paradas ao longo da cidade.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial da Compañía de Tranvías da Coruña Páxina da CTC na web do Concello da Coruña Blog Busurbano, información independente do transporte de buses urbanos e tranvías da Coruña
Categoría:Transporte na Coruña Categoría:Empresas de transporte de Galicia