O Rexistro Mercantil é unha institución administrativa dependente do Ministerio de Xustiza que ten como obxectivo a publicidade oficial das situacións xurídicas dos empresarios e sociedades inscritos. Rexido polo Regulamento do Rexistro Mercantil, aprobado polo Real Decreto 1784/1996 do 19 de xullo.
Organización Existe un Rexistro Mercantil por cada provincia, que recolle a información relativa a esa rexión. E un Rexistro Mercantil central que aglutina as informacións de tódolos Rexistros provinciais e publica o Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME).
Inscrición Os seguintes suxeitos están obrigados a inscribirse no Rexistro Mercantil:
Armadores. Sociedades mercantís Sociedades de garantía recíproca Cooperativas de crédito, mutuas, cooperativas de seguros e mutualidades de previsión social. Sociedades de investimento colectivo. Agrupacións de interese económico. Caixas de aforro. Fondos de investimento. Fondos de pensións. As sucursais dos anteriores suxeitos. As sociedades estranxeiras que trasladen o seu domicilio a territorio español. As demais persoas que establezan as leis.
Funcións A parte da publicidade oficial de persoas tanto físicas como xurídicas e os seus actos mercantís, o Rexistro Mercantil é o encargado da legalización dos libros dos empresarios, do nomeamento de auditores e peritos segundo os casos que determinen as leis e do depósito e publicidade da contabilidade dos suxeitos inscritos nos casos que sexa pertinente segundo a lei.
Véxase tamén Bibliografía Fernando Sánchez Caler: Principios de Derecho Mercantil, Ed. Aranzadi, 2006 ISBN 8483550210 Código de comercio y leyes complementarias, Ed. Cívitas, 1996 ISBN 8447007464 Outros artigos Dereito mercantil Ligazóns externas Web oficial do Rexistro Mercantil Central (en castelán) Regulamento do Rexistro Mercantil (en castelán)
Categoría:Dereito mercantil