"Sleeping in My Car", é unha canción de Roxette, escrita por Per Gessle e lanzada como o primeiro single do seu álbum de 1994 Crash! Boom! Bang!. Alcanzou a primeira posición en Suecia, a 14 nas listas do Reino Unido e a posición 50 no Billboard Hot 100. Tamén entrou no Top 10 en Noruega, Suíza e Austria, e no Top 20 en Australia, Alemaña e Países Baixos.

Cando Roxette fixo un concerto en Pequín en 1995, pedíuselles que cambiasen as letras suxerentes da canción. "Accedimos, pero finalmente non as cambiamos", di Per Gessle.

En 2002, o dúo foi acusado de plaxio polo compositor sueco Stephan Malmstedt, que afirmaba que o retrouso do tema fora tomado dunha canción súa titulada "Jenny and I", escrita en 1991 Noticia sobre a acusación de plaxio. Finalmente, a denuncia foi desestimada por non existir evidencias claras da coincidencia entre ambas composicións musicais .

Lista de temas # Título 1. "Sleeping in My Car" 2. "The Look" (MTV Unplugged) 3. "Sleeping In My Car" (The Stockholm Demo Version)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Roxette , páxina oficial de Roxette.

Categoría:Sinxelos de 1994 Categoría:Cancións de Roxette