Soul Deep é o terceiro sinxelo do dúo de pop sueco Roxette extraído do álbum Pearls of Passion, lanzado ó mercado unicamente nuns poucos países de Europa e o Canadá o ano 1987 baixo o selo EMI e producido por Clarence Öfwerman.

A canción orixinalmente estaba escrita en sueco e titulábase "Dansar ner för ditt stup i rekordfart" pero o título foi considerado demasiado ridículo. Per Gessle escribiu novas letras en inglés e Roxette gravouna para o seu álbum debut e para o seu sinxelo de 1987.

A canción "Pearls of Passion" foi incluída como cara B pero non apareceu en ningún álbum ata a reedición de Pearls of Passion en 1997. "Soul Deep" foi rearranxada e remesturada para o lanzamento do álbum Joyride de 1991.

Lista de temas

# Título 1. "Soul Deep" 2. "Pearls of Passion"

Véxase tamén Ligazóns externas Roxette , páxina oficial de Roxette. Marie Fredriksson, páxina oficial de Marie Fredriksson. Gessle, páxina oficial de Per Gessle. Run to Roxette, comunidade en liña de fans. The Daily Roxette, comunidade en liña de fans.

Categoría:Sinxelos de 1987 Categoría:Cancións de Roxette