A borrasca Klaus foi un ciclón de latitude media que afectou os días 23, 24 e 25 de xaneiro de 2009 a costa occidental de Europa e especialmente o norte da Península Ibérica.
Formación e percorrido O Klaus orixinouse por cicloxénese explosiva, ao bateren unha masa de aire quente tropical con outra moi fría no Atlántico na tarde do 22 de xaneiro. Xerouse así unha borrasca profunda con ventos moi intensos que cruzou o norte da Península ao longo da madrugada do sábado 24 de xaneiro. Ocasionou varios mortos e importantes danos materiais. O centro da depresión desprazouse de oeste a leste dende os Azores, até o golfo de Xénova, atravesando polo mar Cantábrico. Xerou fortes ventos de máis de 150 km/h, que puntualmente chegaron ata os 198 km/h en Estaca de BaresMedicións de Meteogalicia, Xunta de Galicia, 26/1/2009.
Nome 250px|miniatura|esquerda|Evolución do ciclón. O Instituto de Meteoroloxía alemán deulle este nome na honra de Klaus SchümannRelación de sistemas de baixas presións Instituto de Meteoroloxía. Universidade de Berlín, e non ten que ver con distintos nomes de ciclón Klaus que se deron a furacáns tropicais antes de 1990.
Danos A treboada afectou grandemente a zona setentrional de España e o sur de Francia e causou diversos mortos. En Galicia afectou 72 concellosEl Consorcio de Seguros estima que Galicia recibirá 32 millones de euros por los daños del Klaus, Faro de Vigo, 10/2/2009, faleceron cinco persoas: en Burela morreu un garda civil que estaba dirixindo o tráfico ao caerlle unha árbore enriba; un mariñeiro portugués foi rescatado dun barco que afundiu nas costas coruñesas e faleceu posteriormente no hospitalEl mar se cobra otra vida , El Correo Gallego, 25/1/09; un ancián pereceu no incendio da súa casa, provocado por un curtocircuítoDoce mortos por mor do temporal , Galicia Hoxe; e un matrimonio de anciáns faleceu en Cervo por inhalación de monóxido de carbono, como consecuencia de usaren un braseiro vello para quecer logo de estaren máis de dous días sen enerxía eléctricaLos gases de estufas provocan dos muertos y trece intoxicados en Galicia, Xornal de Galicia, 27/1/2009.
No resto de Europa producíronse 21 mortes máis.
Refachos máximas de vento Racha Localización 216 km/h Coll d'Envalira 200 km/h Portbou 198 km/h Cerezo de Arriba 198 km/h Estaca de Bares 193 km/h Formigueres 193 km/h Matxitxako 184 km/h Perpiñán 183 km/h Malpica 183 km/h Ocón 182 km/h Ancares 182 km/2 Xares 178 km/h Santa María de Oia 177 km/h Saint-Paul-de-Fenouillet 172 km/h Biscarrosse 172 km/h Cabo Ferret Fontes: AEMET Meteo France Meteo Galicia MeteoCat Meteoroloxía do Goberno da Rioxa
Imaxes da tormenta
Notas
Véxase tamén
Klaus Categoría:2009