Ramón Gerardo Antonio Estévez, nado o 3 de agosto de 1940 en Dayton (Ohio), máis coñecido como Martin Sheen, é un actor de cinema e televisión estadounidense, de orixe galega.
Vida O pai de Martin Sheen, Francisco Estévez Martínez, naceu en Parderrubias (Salceda de Caselas), e emigrou de novo aos Estados Unidos. Alí casou con Mary Anne Phelan, unha irlandesa que nacera en Tipperary, coa que tivo dez fillos. Martin Sheen é o sétimo deles.
Casou en 1961 con Janet Templeton (logo Estévez), coa que tivo catro fillos: o director e guionista Emilio Estevez, e os actores Charlie Sheen, Ramon Estevez e Renée Estevez.
Traxectoria profesional Sheen sempre quixo ser actor a pesar da oposición de seu pai e decidiu empezar a súa carreira nos teatros da cidade de Nova York, onde formou unha compañía xunto con outros actores. Elixiu como nome artístico o de Martin Sheen en homenaxe ao bispo católico de Nova York, Fulton J. Sheen.
O seu primeiro gran papel foi na obra de teatro de Broadway The Subject Was Roses, que repetiu na adaptación cinematográfica en 1968. O seu seguinte papel importante chegoulle en 1973 cando protagonizou xunto con Sissy Spacek o drama Badlands dirixido por Terrence Malick.
En 1974, Sheen foi finalista por primeira vez aos Premios Emmy como mellor actor nun drama televisivo pola súa interpretacón do soldado Eddie Slovik no telefilme The Execution of Private Slovik. Grazas a esa actuación o director Francis Ford Coppola elixiuno para o papel protagonista de Apocalypse Now co que conseguiu ser amplamente coñecido. Durante esta rodaxe Sheen sufriu un ataque ao corazón, que o puxo ao bordo da morte, pero puido acabar o traballo. miniatura|dereita|Martin Sheen En 1990 estreouse como director co filme Cadence, pero non volveu a poñerse detrás das cámaras; en 1999 comezou a rodaxe da súa produción para televisión máis coñecida, The West Wing, onde interpreta a Jed Bartlett, un ficticio presidente dos Estados Unidos de América, e que rodou durante sete temporadas.
En 2009, durante un acto en Madrid de presentación dun catálogo de actores galegos, Martin Sheen presentoulle a Emilio Pérez Touriño un proxecto para facer un filme sobre o Camiño de SantiagoMartin Sheen presenta a Touriño un proyecto de una película sobre el Camino de Santiago, Soitu, 4/02/2009. Este foi estreado no 2010 baixo o título O camiño (The Way).
Premios 1 Globo de ouro como actor protagonista polo seu papel en The West Wing. 2 Premio SAG como actor protagonista polo seu papel en The West Wing e 2 máis como actor secundario. 6 nomeamentos aos Emmy como actor protagonista polo seu papel en The West Wing. Unha estrela co seu nome no Paseo da fama de Hollywood.
Filmografía Ano Filme Papel Director 1967 The Incident Artie Connors Larry Peerce 1968 The Subject Was Roses Timmy Cleary Ulu Grosbard 1970 Catch-22 primeiro Tte. Dobbs Mike Nichols 1972 No Drums, No Bugles Ashby Gatrell Clyde Ware 1972 Pickup on 101 Les John Florea 1972 Rage Maj. Holliford George C. Scott 1972 That Certain Summer (telefilme) Gary McClain Lamont Johnson 1973 When the Line Goes Through Bluff Jackson Clyde Ware 1973 Badlands Kit Carruthers Terrence Malick 1974 The Legend of Earl Durand Luther Sykes John Patterson 1976 The Cassandra Crossing Robby Navarro George P. Cosmatos 1976 The Little Girl Who Lives Down the Lane Frank Hallet Nicolas Gessner 1979 Apocalypse Now Capitán Benjamin L. Willard Francis Ford Coppola 1979 Eagle's Wing Pike Anthony Harvey 1980 The Final Countdown Warren Lasky Don Taylor 1981 Loophole Stephen Booker John Quested 1982 Gandhi Vince Walker Richard Attenborough 1982 That Championship Season Tom Daley Jason Miller 1983 Enigma Alex Holbeck Jeannot Szwarc 1983 In the King of Prussia Judge Samuel Salus II Emile de Antonio 1983 Man, Woman and Child Robert Beckwith Dick Richards 1983 The Dead Zone Greg Stillson David Cronenberg 1984 Firestarter Captain Hollister Mark L. Lester 1985 Broken Rainbow Narrador Maria Florio, Victoria Mudd 1985 In the Name of the People Narrador Frank Christopher 1986 A State of Emergency Dr. Alex Carmody Richard C. Bennett 1987 Os crentes Cal Jamison John Schlesinger 1987 Siesta Del Mary Lambert 1987 Wall Street Carl Fox Oliver Stone 1988 Walking After Midnight documental Jonathon Kay 1988 Da Charlie Matt Clark 1988 Judgment in Berlin Herbert J Stern Leo Penn 1989 Golpe frío John Hyde Allan A. Goldstein 1989 Beverly Hills Brats Dr. Jeffrey Miller Jim Sotos 1989 Beyond the Stars Paul Andrews David Saperstein 1990 Cadence MSgt. Otis V. McKinney Martin Sheen 1991 Touch and Die Frank Piernico Solinas 1991 Canguro último modelo ian Toyton 1992 Running Wild Duncan Mclachlan 1993 When the Bough Breaks Captain Swaggert Michael Cohn 1993 The Killing Box 1993 Fortunes of War Thierry Notz 1993 Hot Shots! II 1993 Hear no Evil Robert Greenwald 1993 Gettysburg Ronald F. Maxwell 1994 Trigger Fast 1994 Hits! 1994 Boca Walter Avancini 1995 Sacred Cargo Alexander Buravsky 1995 Dillinger and Capone 1995 Captain Nuke and the Bomber Boys 1995 The Break 1995 Gospa 1995 The American President A.J. MacInerney Rob Reiner 1996 The Elevator 1996 The War at Home 1996 Entertaining Angels: The Dorothy Day Story Peter Maurin Michael Ray Rhodes 1996 Wikipedia: ALF Coronel Gilbert Milfoil Dick Lowry 1997 Truth or Consequences, N.M. Señor Kiefer Sutherland 1997 Spawn Jason Wynn 1998 Stranger in the Kingdom 1998 Gunfighter O estraño Christopher Coppola 1998 Family Attraction 1998 Babylon 5: The River of Souls 1998 Snitch Hanlon Ted Demme 1998 A Letter from Death Row 1998 Asalta como puedas 1998 No Code of Conduct Bill Peterson Bret Michaels 1999 Ninth Street Padre Frank Tim Rebman e Kevin Willmott 1999 Lost & Found Jeff Pollack 1999 Storm Xeneral James Roberts Harris Done 1999 A Texas Funeral Avó Sparta 1999 - 2006The West Wing 2001 O Duke Goulding Tim Blake Nelson 2002 We The People 2002 Catch Me If You Can Roger Strong Steven Spielberg 2003 The Commission 2003 Milost mora 2004 Jerusalemski sindrom Dominik Sedlar e Jakov Sedlar 2006 Who Killed the Electric Car? 2006 The Departed Queenan Martin Scorsese 2006 Bordertown George Morgan Gregory Nava 2006 Bobby Jack Emilio Estévez 2006 Talk to Me E.G. Sonderling Emilio Estévez 2006 Flatland: The Movie Arthur Square Dano Johnson e Jeffrey Travis 2008 A Single Woman voz Kamala Lopez 2009 Echelon Conspiracy Raymond Burke Greg Marcks 2009 Love Happens Burke's Father-in-Law Brandon Camp 2009 Bhopal: Prayer for Rain Warren Anderson Ravi Kumar 2009 Imagine That Dante D'Enzo Karey Kirkpatrick 2010 O camiño Thomas Avery Emilio Estevez 2011 Broken Dreams Kaleb Wilson 2011 Stella Days Daniel Barry Thaddeus O'Sullivan 2011 The Double Tom Highland Michael Brandt 2012 Seeking a Friend for the End of the World Frank/Dodge's Father Lorene Scafaria 2012 The Amazing Spider-Man Ben Parker Marc Webb 2012 Bhopal: Prayer for Rain Warren Anderson Ravi Kumar
Notas
Véxase tamén
Categoría:Actores de Ohio Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia galega Categoría:Estadounidenses de ascendencia irlandesa Categoría:Nados en 1940 Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados en Dayton, Ohio Categoría:Paseo da Fama de Hollywood