A Lonxa da Seda (en valenciano Llotja de la Seda, Llotja de València ou Llotja de Mercaders) é un edificio civil de estilo gótico tardío da cidade de Valencia, construído entre o 1482 e o 1548. Se hai un edificio que simbolice a puxanza e a riqueza do século de ouro valenciano (século XV), este é sen dúbida a Lonxa. É unha mostra do alcance da revolución comercial durante a Baixa Idade Media, do desenvolvemento social e do prestixio conseguido pola burguesía valenciana.
Un fito arquitectónico A construción da Llotja, popularmente chamada llonjaSegundo o Català-Valencià-Balear en Valencia e Mallorca pronúnciase "Llonja". Joan Coromines tamén di que a forma castelá lonja deriva do catalán dialectal "llonja", que se di en Valencia e Mallorca., no País Valenciano e nas Illas Baleares, interpretouse como o resultado da prosperidade comercial conseguida por Valencia no século XV, como un símbolo do poder da cidade para atraer aos comerciantes, nun momento no que xa se divisaban tempos difíciles para a economía local derivados do descubrimento de América e o conseguinte desprazamento do comercio do Mediterráneo cara ao Atlántico.As lonxas de Barcelona e Mallorca tamén se van construír cando as súas economías comezaban a decaer.
As lonxas de comercio na Coroa de Aragón construíanse seguindo o mesmo esquema: unha sala de planta rectangular sostida por columnas. A de Valencia foi precedida pola Lonxa de Barcelona (1380-1392), a Lonxa de Palma (1420-1448) e algún exemplo siciliano non demasiado coñecido. Entre 1541 e 1551 érguese a Lonxa de Zaragoza do mesmo tipo, mais xa de estilo renacentista. Considerando que o esquema arquitectónico era sempre o mesmo, os xurados de Valencia insistiron na beleza do edificio.
Superar a lonxa de Barcelona non era difícil, xa que as solucións arquitectónicas daquela quedaran anticuadas para os mestres picapedreiros de finais do século XV. O que era un reto era superar a espléndida lonxa de Mallorca de Guillem Sagrera, un dos grandes mestres da arquitectura gótica mediterránea. Esta foi a xenial tarefa de Pere ComteLa Llotja dels Mercaders. Un museo virtual de arquitectura gótica mediterránea .
A Lonxa é, a fin de contas, o resumo das investigacións arquitectónicas realizadas, principalmente por Pere Comte, ao longo do século de ouro valenciano.
miniatura|175 px|dereita|Vista exteriorminiatura|175 px|dereita|Pati dels Tarongers
Patrimonio da Humanidade
Monumento Nacional dende 1931 www.patrimonio-humanidad.com, Lonja de la Seda , a UNESCO declarou a Llotja de la Seda Patrimonio da Humanidade o 5 de decembro de 1996(UNESCO. coma un exemplo totalmente excepcional dun edificio secular en estilo gótico tardío, que ilustra de xeito espléndido o poder e a riqueza dunha das grandes cidades mercantís do Mediterráneo, sendo considerada coma un dos máis brillantes exemplos do gótico civil europeo. As fachadas rectangulares de pedra picada, os suntuosos medallóns renacentistas, as artísticas esculturas e gárgolas, as perfectas proporcións das portas e fiestras, dos escudos e das ameas, lembran o esplendor do gótico tardío valenciano. Sitúase no mesmo corazón da cidade (barrio do Mercat), diante da plaça del Mercat, cualificada por numerosos cronistas como un escenario colorista e ruidoso dotado dunha sensualidade moi especialDíez Arnal, Llotja de la Seda.
Casa ilustre para o bo comercio En só quince anos (1483-1498), Pere Comte e os seus axudantes foron capaces de rematar a Sala de Contractació, corpo principal do edificio. Así consta nunha franxa azul que percorre a parte máis alta dos catro muros, que proclama en letras douradas sobre un fondo escuro María José Carballar, Monumentos Valencia a seguinte inscrición en latín (por duplicado, unha primeira vez sobre os muros sur e oeste, e unha segundo sobre os do norte e o leste):
Inclita domus sum annis aedificata quindecim. Gustate et videte concives quoniam bona est negotiatio, quae non agit dolum in lingua, quae jurat proximo et non deficit, quae pecuniam non dedit ad usuram eius. Mercator sic agens divitiis redundabit, et tandem vita fructur aeterna.
Son unha mansión ilustre, construída en quince anos. Probade e veredes, concidadáns, o boa que é a negociación que non leva engano na lingua, que xura ao próximo e non falta ao xuramento, que non deixa cartos en usura. O comerciante que así actúe abondará en riquezas, e á fin gozará da vida eterna.
miniatura|250 px|centro|Primeira frase da inscrición latina do Saló Columnari
Elementos que a compoñen miniatura|225 px|dereita|Praza da Llotja de la Seda O edificio adáptase a un terreo rectangular. Ao sur mira cara á Plaça del Mercat, ao oeste cara a rúa dels Cordellats, ao norte cara a rúa de la Llotja, e ao leste cara rúa de Pere Comte. Diante mesmo atópanse o Mercat Central e a igrexa de Sant Joan del Mercat.
Vista dende a Plaça del Mercat, a parte dereita do edificio corresponde á lonxa propiamente dita, tamén coñecida como a Sala de Contractació ou o Saló Columnari (1483-1498); á súa esquerda alzase a torre central (1483-1498), de tres corpos, empregados para a capela (o corpo de abaixo) e prisión (as dúas superiores). Aínda máis á esquerda está o corpo de tres andares do Consolat de Mar, que se engadiu posteriormente (1498-1548). O Pati dels Tarongers articula as tres zonas do edificio, que ocupan máis de dous mil metros cadrados en total www.spain.info, Lonxa da Seda
Para erguer a lonxa, Pere Comte inspirouse na lonxa de Palma, feita por Guillem Sagrera en 1448, o cal, á súa vez, inspirárase probablemente na aula capitular do Convento de Sant Doménec de Valencia, de comezos do século XIV.
A llotja de València, porén, presenta unha medida e unha ornamentación máis grande que a mallorquina. A de Valencia destaca pola riqueza da decoración flamíxera nas xanelas, polas portas monumentais con arcos conopiais e polas pequenas esculturas e as 28 gárgolas, decotío con escenas satíricas ou obscenas. Ademais, hai profusión de escudos cos catro paus do Rei de Aragón, entre os que destacan o da Sala de Contractació e, sobre todo, os que se atopan nos cantóns das prazas do Mercat e do Doctor Collado, rodeados de anxos.
miniatura|200 px|centro|Sala Capitular do Convento de Sant Doménec. Presenta catro columnas exentas. Data de 1310-1320miniatura|185 px|centro|Lonxa de Palma. Presenta seis columnas exentas. Data de 1426 a 1448</small>miniatura|230 px|centro|Lonxa da Seda. Presenta oito columnas exentas. Data de 1482 a 1499
Sala de Contractació ou Saló Columnari A Sala de Contractació, realizada entre 1483 e 1498, divídese en tres naves lonxitudinais (de 35,6 m de fondo) e cinco naves transversais (de 21,4 m de ancho), con bóveda de crucería (a unha altura de 17,4 m)Hernández Úbeda, Luis (coord.), p. 122. sostida por oito columnas helicoidais e dezaseis pilastras do mesmo tipos que sosteñen as bóvedas. Das columnas helicoidais, de 11 metros de alzada, saen feixes de nervios que se estenden sobre tramas cadradas á mesma altura e son case bóvedas esféricas. Esta xeometría esférica permite a multiplicación de nervios e de claves; os nervios forman unha dobre retícula por tramo reforzada con nervios diagonais en cada cadrado. As claves chegan ao número de nove por tramo.
miniatura|175 px|centro|Sala de Contractacióminiatura|175 px|centro|Teito da salaminiatura|175 px|centro|Entrada principal á sala
A torre inacabada miniatura|150 px|dereita|Torre da Lonxa, o remate da cal presenta unha cor máis clara A torre da Lonxa, construída á vez que a Sala de Contractació é cuadrangular e, máis ou menos, un terzo máis alta que o resto do edificio. O restaurador Josep Aixa engadiulle as ameas que hoxe día presenta, entre 1885 e 1902 inspirándose nas cubertas ameadas da Sala de Contractació e do Consolat de Mar.
O Pati dels Tarongers Outro dos elementos da Lonxa é o seu xardín, chamado Pati dels Tarongers (Patio das Laranxeiras), ao cal se accede a través da porta de poñente da Sala de Contractació, chea de detalles escultóricos sorprendentes. É un espazo tranquilo e relaxante que ten diversas laranxeiras e cipreses e cun lavadoiro en forma de estrela de oito puntas, que evoca o que había anteriormente.
O Consolat de Mar miniatura|150 px|Escaleira de acceso ao Consolat de Mar Á esquerda do Pati dels Tarongers atópase o Consolat de Mar, institución creada no 1283 onde os xuíces ou os cónsules de comercio celebraban sesións sobre asuntos marítimos e mercantís. Comezando por Pere Comte, retomado trala súa morte en 1506 por Joan Corbera e finalizado en 1548 polo guipuscoano Domingo Urtiaga, este consulado é de planta rectangular e de estilo renacentista e foi literalmente encostado ao costado oeste da lonxa orixinal. Segundo Sanchis Guarner, o Consolat, cunha profusa e graciosa decoración bastante italianizada, convive en feliz matrimonio coa gótica Sala de ContractacióSanchis Guarner, p. 241..
miniatura|170 px|centro|Teito da Cámara Dourada do Consolatminiatura|200 px|centro|Detalle do teito da Cámara Douradaminiatura|350 px|centro|Detalle da fachada do Consolat (plaça del Mercat)
Escultura A Llotja reúne unha espléndida colección de escultura medieval. Impostas, orlas, capiteis, anxos sustentadores ou gárgolas foron labradas por escultores de moi distinta procedencia, como Laurencius da Picardía (Francia) e Rolandus e Johan de Kassel (Alemaña), entre outros.
Sátira e obscenidade Os detalles escultóricos da Llotja de la Seda, presentes nas portas, xanelas e gárgolas do edificio, son extraordinariamente deliciosas e cheas de bo humor. Abondan as escenas satíricas e as obscenasSanchis Guarner, p. 195., como se pode observar nas imaxes de máis abaixo.
miniatura|150 px|centro|Gárgola. Home tocándose o pene medio erectominiatura|150 px|centro|Porta. Home axeonllado e cagandominiatura|140 px|centro|Fiestra. Home co pene erecto miniatura|160 px|centro|Gárgola. Muller tocándose a vaxinaminiatura|150 px|centro|Porta. Paxaro picando o cu dun home
Heráldica Dentro da gran variedade temática da escultura da Llotja cabe destacar as representacións heráldicas do símbolo real da Coroa de Aragón, e da Cidade e Reino de Valencia, isto é, o sinal coñecido tradicionalmente como as catro barras. O escudo máis vello e coñecido é o que presenta un escudo real portado por dous anxos e situado no cantón entre a Plaça del Mercat e a rúa de Pere Comte.
O segundo escudo máis coñecido é un da cidade no canto entre as rúas da Llotja e de Pere Comte (praça do Doctor Collado), que mostra, ademais, unha inscrición co inicio das obras (1483), onde di:
miniatura|160px|centro|Escudo real (plaça del Mercat)miniatura|130 px|centro|Escudo municipal con inscrición (praza do Doctor Collado)
A Plaça del Mercat Segundo Joan Francesc Mira a praza do Mercat, formada pola Llotja de la Seda, o Mercat Central e Sant Joan del Mercat, "é un dos órganos esenciais do corpo desta cidade". A praza do Mercado foi construída por Pere Comte, que edificou a lonxa gótica a finais do XV; polos xenoveses (ou milaneses) Alipandri e Bertassi, que engadiron o recubrimento barroco da igrexa de Sant Joan del Mercat a finais do XVIII; e polos arquitectos barceloneses Alexandre Soler March e Francesc Guàrdia i Vial, que construíron o modernista Mercat Central a comezos do XX; e aínda así, "no se sap com, els tres edificis fan l’efecte de ser exactament com han de ser i ocupar el lloc que han d’ocupar, un davant o al costat de l’altre, com si haguera estat i haguera de ser sempre així" (non se sabe como, os tres edificios fan o efecto de ser exactamente como teñen que ser e ocupando o lugar que teñen que ocupar, un diante ou á beira do outro, como se fose ou debese ser sempre así).
miniatura|230 px|Igrexa de Sant Joan del Mercatminiatura|330 px|centro|Mercat Centralminiatura|180 px|centro|Llotja de la Seda
Nome