Percival Noel James Patterson, nado en Hanover o 10 de abril de 1935, é un avogado e político xamaicano, Primeiro ministro do seu país entre 1992 e 2006 e líder do Partido Nacional Popular.

Traxectoria Formado en Inglaterra, Patterson entrou en política en 1969, cando foi elixido como deputado dun distrito no oeste da illa. Serviu como ministro nos gobernos de Michael Manley (1972-80, 1989-92). Está considerado como o primeiro líder nacional xamaicano de raza negra (a maioría dos seus predecesores foron mulatos, e un, Edward Seaga, de raza branca).

Categoría:Primeiros ministros de Xamaica Categoría:Nados en Xamaica Categoría:Nados en 1935 Categoría:Alumnos da Universidade das Indias Occidentais