Arizona Wildcats é o equipo deportivo da Universidade de Arizona en Tucson, Arizona. Os equipos dos Wildcats participan nas competicións universitarias organizadas pola NCAA, e forman parte da Pacific Ten Conference.

Programa deportivo Os Wildcats participan nas seguintes modalidades deportivas:

Masculino Béisbol Baloncesto Campo a través Atletismo Fútbol americano Tenis Golf NataciónFeminino Voleibol Baloncesto Campo a través Atletismo Fútbol Sóftbol Tenis Golf Ximnasia Natación Baloncesto

O programa de baloncesto é un dos máis exitosos da universidade, dende que Lute Olson fíxose cargo do equipo en 1983. Até 2007, o equipo logrou unha xeira de 20 tempadas con 20 ou máis vitorias, aparecendo no Torneo da NCAA en 23 ocasións, e na Final Four en 1988, 1994, 1997 e 2001. En 1997, conseguiu o campionato ante os Kentucky Wildcats, os vixentes campións.

Un total de 35 wildcats chegaron a xogar na NBA, 11 dos cales compiten na actualidade, salientando entre eles a Steve Kerr, Damon Stoudamire, Mike Bibby, Andre Iguodala ou Gilbert Arenas.

Béisbol e sóftbol

En béisbol, os Wildcats lograron o título nacional en 1976, 1980 e 1986, e en softbol na categoría feminina en sete ocasións.

Palmarés Baloncesto masculino : 1997 Béisbol : 1976, 1980, 1986 Softbol : 1991, 1993, 1994, 1996, 1997, 2001, 2006 Golf masculino : 1992 Golf feminino : 1996, 2000

Ligazóns externas Web Oficial dos Wildcats

Categoría:Equipos da NCAA