Cesuras é unha estación de tren de Adif situada na aldea do Forte, no concello de Oza Cesuras. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.
Situación ferroviaria A estación atópase no punto quilométrico 509,5 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A CoruñaRede ferroviaria española Ministerio de Fomento., entre as estacións de Piñoi e Oza dos Ríos. O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Historia A estación inaugurouse o 10 de outubro de 1875 coa apertura do tramo A Coruña-Lugo da liña férrea que pretendía unir Palencia coa Coruña.Cronología básica del ferrocarril español de vía ancha Fundación de los Ferrocarriles Españoles A Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León foi a encargada das obras.Asturias á Galicia y León (A.G.L.) Compañía del Ferrocarril del Noroeste de España Spanishrailway Dita compañía creouse para continuar coas obras iniciadas por Noroeste e xestionar as súas liñas ante a quebra da mesma. Con todo a situación financeira desta última tamén se volveu rapidamente delicada sendo absorbida por Norte en 1885. En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supón a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
Servizos ferroviarios Media distancia Actualizado a 18 de xuño de 2016. Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe 4 MD A Coruña <> Monforte de Lemos Ourense-Empalme
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Información sobre saídas e chegadas na web de Adif
Cesuras Categoría:Oza Cesuras