Canaval é unha estación de tren de Adif, situada en Canaval, no concello de Sober. Ten servizos de media distancia.

Situación ferroviaria A estación atópase no punto quilométrico 9,1 da liña Monforte de Lemos - Redondela de largo ibérico a 271 metros de altitude, entre as estacións dos Monforte de Lemos e Areas.Rede ferroviaria española Ministerio de Fomento O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia A estación inaugurouse o 1 de decembro de 1884 coa apertura do tramo Monforte de Lemos-Ourense da liña que unía Vigo con Monforte de Lemos. A súa explotación inicial quedou a cargo da Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo. Dita xestión mantívose ata 1928 cando foi absorbida pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste de España, compañía pública creada para xestionar varios trazados, en xeral deficitarios, do oeste do país. En 1941, Oeste foi unha das empresas que se integrou na recentemente creada Renfe.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación Está situada ao norte do municipio, preto da estrada N-120. O edificio para viaxeiros é unha estrutura de planta rectangular e dúas alturas que cobre un tellado de catro vertentes. Como outras estacións da liña loce un frontón rectangular nas súas fachadas. Dispón de dúas plataformas, unha lateral e outra central e catro vías. As instalacións complétanse con peiraos de carga en desuso.

Servizos ferroviarios Media distancia Actualizado a 14 de xuño de 2016. Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe 6 Intercity Madrid-Chamartín <> Vigo-Guixar 6 Rexional Exprés León Ponferrada <> Vigo-Guixar

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Información sobre saídas e chegadas na web de Adif

Canaval Categoría:Sober