A Bandeira é unha estación de tren de Adif, situada na parroquia de Abades, no concello de Silleda. Leva o nome do veciño núcleo urbano da Bandeira, na parroquia de Manduas. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.
Situación ferroviaria A estación atópase no punto quilométrico 342,762 da liña Zamora - A Coruña de ancho convencional, a 260 metros de altitude,Bandeira Euroferroviarios entre as estacións da Ponte Taboada e Vedra-Ribadulla. O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Historia A estación inaugurouse o 8 de setembro de 1958 coa posta en marcha do tramo O Carballiño — Santiago de Compostela da liña férrea que tiña como obxectivo unir Zamora coa Coruña. A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe, que nacera en 1941.
Desde o 31 de decembro de 2004, Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é o titular das instalacións ferroviarias.
A estación O edificio de viaxeiros, construído en pedra, está formado por un corpo central de dous pisos ao que se anexan dous bloques laterais dunha altura practicamente similar. Unha galería de tres arcos adorna o segundo piso da fachada principal. Ten dúas plataformas laterais aos que acceden dúas vías. Os cambios de plataforma realízanse a nivel.
Servizos ferroviarios Media distancia Actualizado a 20 de xuño de 2016. Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe 2 MD Santiago de Compostela <> Ourense-San Francisco
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Información na web de Adif
Bandeira Categoría:Silleda