A Alberguería-Prado é un apeadoiro ferroviario de Adif situado no límite entre as parroquias do Castro de Laza (Laza) e Prado (Vilar de Barrio), a 2,5 km da aldea de Prado e 4,5 km da Alberguería (Laza), na provincia de Ourense. miniatura|Vista da estación. Dende o peche da liña Ourense-Pobra de Seabra nos recortes do sector ferroviario producidos polo Goberno en xuño de 2013, esta estación non ten servizos ferroviarios.
Situación ferroviaria A estación atópase no punto quilométrico 194,086 da liña férrea de ancho convencional que une Zamora coa Coruña vía Ourense a 767 metros de altitude, entre as estacións de Laza-Cerdedelo e Vilar de Barrio.Alberguería - Prado Euroferroviarios O tramo é de vía única e está sen electrificar. Está próxima ao túnel de Serra Pequena de 1.876 metros de lonxitude.
Historia A vontade de unir Madrid con Vigo vía Medina del Campo polo camiño máis curto posible é antiga e apareceu plasmada nalgúns anteproxectos como o de 1864. Con todo, o mesmo descartaba dita posibilidade ao considerar que supoñía "dificultades enormísimas" que superaban mesmo "os da baixada do porto de Payares no ferrocarril de Asturias". É por iso, que a estación non foi inaugurada ata o 1 de xullo de 1957 coa posta en marcha do tramo Ourense-Pobra de Seabra da liña Zamora - A Coruña vía Ourense.Liña Zamora - Ourense Afzamorana A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe cuxo nacemento se produciu en 1941.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
Debido aos recortes no sector ferroviario levados a cabo polo Goberno en xuño de 2013, a estación quedou sen os seus servizos de Media distancia entre Ourense e Pobra de Seabra.
A estación O edificio de viaxeiros é unha estrutura de dous pisos de aspecto rústico e parcialmente revestido de pedra. Ten dúas plataformas laterais ás que acceden dúas vías.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de estacións de tren de Galicia
Alberguería Categoría:Laza Categoría:Vilar de Barrio