"June Afternoon", escrita por Per Gessle e lanzada en 1996, é unha canción do dúo de pop sueco Roxette, lanzado como o segundo sinxelo do seu álbum de grandes éxitos Don't Bore Us, Get to the Chorus! do ano 1995. Lanzouse o mercado unicamente en Europa e Australia. Alcanzou o Top 30 en Suecia.

Gravado cos membros do grupo de pop sueco Gyllene Tider, "June Afternoon" foi planeada como a peza central do próximo álbum en solitario de Per Gessle The World According to Gessle, pero os plans trocaron e esta alegre oda o interminable verán foi lanzado como sinxelo de Roxette.

A segunda canción deste sinxelo é unha versión demostrativa de "Seduce Me", que non esta dispoñible en ningún outro lanzamento do dúo.

Lista de temas # Título 1. "June Afternoon" 2. "Seduce Me (Demo)" 3. "June Afternoon (Demo)"

Véxase tamén Ligazóns externas Roxette , páxina oficial de Roxette. Marie Fredriksson, páxina oficial de Marie Fredriksson. Gessle, páxina oficial de Per Gessle. Run to Roxette, comunidade en liña de fans. The Daily Roxette, comunidade en liña de fans.

Categoría:Sinxelos de 1996 Categoría:Cancións de Roxette