"Salvation", escrita por Per Gessle, é o cuarto e último sinxelo do álbum Have A Nice Day do dúo de pop sueco Roxette. Foi lanzado en decembro de 1999. O sinxelo foi o terceiro de Have a Nice Day en entrar no Top 20 finés (e tamén tivo unha grande emisión nese país). En Alemaña e Suecia, por outro lado, alcanzou posicións baixas (80 e 46). "Salvation" tampouco conseguiu tanta emisión como os sinxelos anteriores. A versión en castelán "Lo Siento" tivo algo menos de emisión nos países castelanfalantes.

Lista de temas # Título 1. "Salvation" (Single version) 2. "See Me" 3. "Crazy About You" (C.B.B. version) 4. "Stars" (vídeo)

Véxase tamén Ligazóns externas Roxette , páxina oficial de Roxette. Marie Fredriksson, páxina oficial de Marie Fredriksson. Gessle, páxina oficial de Per Gessle. Run to Roxette, comunidade en liña de fans. The Daily Roxette, comunidade en liña de fans.

Categoría:Sinxelos de 1999