Frieira é unha estación de tren de Adif situada no lugar da Frieira, no concello de Crecente, na provincia de Pontevedra, ao lado do río Miño. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria Está situada no punto quilométrico 95,5 da liña de ancho ibérico que une Monforte de Lemos con Redondela, a 74 metros de altitude, entre as estacións de Filgueira e A Pousa-Crecente.Red ferroviaria española Ministerio de Fomento O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia A estación foi inaugurada o 18 de xuño de 1881 coa apertura do tramo Ourense-Arbo da liña entre Vigo e Monforte de Lemos. A explotación quedou a cargo da Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo, e en 1928 foi absorbida pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste de España. En 1941 esta foi unha das empresas que se integrou en Renfe. Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña, mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

Servizos ferroviarios Media distancia Actualizado a 23 de xuño de 2016. Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe Intercity Madrid-Chamartín <> Vigo-Guixar 6 Rexional Exprés León Ponferrada Ourense-Empalme <> Vigo-Guixar

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Información sobre saídas e chegadas na web de Adif

Frieira Categoría:Crecente