"The Centre of the Heart" é unha canción do dúo de pop sueco Roxette do seu álbum do ano 2001, Room Service. O sinxelo foi lanzado comercialmente unicamente en Europa, excepto no Reino Unido. Foi o terceiro número un en Suecia do grupo, posición onde se mantivo durante catro semanas. Tamén tivo un éxito relativo noutros países europeos.
A compañía discográfica EMI non quería lanzar The Centre Of The Heart como sinxelo principal, quería lanzar Milk and Toast and Honey como primeiro sinxelo, debido a que Roxette eran máis coñecidos polas súas baladas, cousa na que o dúo estaba en desacordo. Así que o final EMI non apoiou nin promoveu o álbum. Isto explica porque o álbum non o fixo tan ben como se esperaba.
A canción fora orixinalmente ideada como o primeiro sinxelo do álbum Have a Nice Day do grupo, pero en última instancia converteuse nunha canción sen álbum. O 23 de febreiro de 2001, Roxette interpretou “The Centre Of The Heart” durante o descanso do Melodifestivalen Sueco dese ano. Lanzouse un CD de remesturas para promover o sinxelo, como cos sinxelos Wish I Could Fly e Stars
Lista de temas
CD
# Título 1. "The Centre of the Heart" 2. "Entering Your Heart"
CD Remix
# Título 1. "The Centre of the Heart" (Original Version) 2. "The Centre of the Heart" (Stonebridge Club Mix Edit) 3. "The Centre of the Heart" (Stonebridge Club Mix) 4. "The Centre of the Heart" (Yoga Remix) 5. "The Centre of the Heart" (Stonebridge Peak Hour Dub) 6. "The Centre of the Heart" (Stonebridge More Vox Dub)
Véxase tamén Ligazóns externas Roxette , páxina oficial de Roxette. Marie Fredriksson, páxina oficial de Marie Fredriksson. Gessle, páxina oficial de Per Gessle. Run to Roxette, comunidade en liña de fans. The Daily Roxette, comunidade en liña de fans.
Categoría:Sinxelos de 2001