Corredores de sombra é un libro de Agustín Fernández Paz publicado en 2006 por Edicións Xerais. En maio de 2008 saíu do prelo a 6ª edición.

Trama

Clara Soutelo é unha rapaza de 15 anos que veranea no pazo que os seus pais teñen na vila de Cartelle. Membro dunha familia "ben", as súas afeccións son ler e escoitar música punk, e todo apunta a que vai ser outro aburrido verán. Porén, tras coñecer a Miguel, un rapaz da vila, e coa compañía do seu tío, axudará a sobrelevar e investigar a aparición dun esqueleto emparedado entre dous tabiques da súa casa.

Narración A trama está ambientada en 1995, se ben a autora nárrao no 2005, lembrando os feitos e incluíndo anacos do seu diario. Utilizando a primeira persoa, non se limita a comentar os feitos, senón que continuamente lembra os seus sentimentos daquel verán, no que tivo bos momentos (como coñecer ao seu primeiro amor) e malos (como aturar as continuas rifas co seu pai e os desencontros coa familia).

Traducións Ao castelán por Mª Isabel Soto López co título de Corredores de sombra publicado en 2006 por Editorial SM, Gran Angular. Ao catalán por Josep Franco Martínez co título de Passadissos d'ombra publicado en 2007 por Editorial Bromera. Ao inglés por Jonathan Dunne co título de Corridors of Shadow publicado en 2017 por Small Stations.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de xerais

Categoría:Obras literarias de 2006 Categoría:Novelas en galego Categoría:Obras literarias de Agustín Fernández Paz