San Andrés del Rabanedo é un é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 30.160 habitantes (INE, 2021). É o terceiro municipio máis poboado da provincia tras León e Ponferrada.

Localización e características O municipio de San Andrés del Rabanedo atópase xeograficamente situado sobre o val do Bernesga, na subcomarca de Terras de León, quedando as súas entidades de poboación como auréola de residencia e pulmón de expansión da capital leonesa.

Limita ao norte cos municipios de Cuadros, Sariegos e Rioseco de Tapia; ao oeste con Rioseco de Tapia e Cimanes del Tejar, discorrendo o bordo do límite, en gran parte, polo canellón medieval da transhumancia merinera entre as áreas da meseta e a montaña; ao sur con Valverde de la Virgen e as pedanías da capital Oteruelo, Armunia e Trobajo do Cerecedo; ao leste con León e a contorna das súas terras.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de San Andrés del Rabanedo

Categoría:Concellos da provincia de León