miniatura|dereita|250px| Recreación do aspecto que terían os propileos na época clásica. Mnesicles (Μνησικλής) foi un arquitecto da época clásica grega, activo na Atenas do século -V.
Traxectoria Foi o encargado da construción dos Propileos (Propylea) da Acrópole de Atenas no curso da reconstrución promovida inicialmente por Pericles e dirixida por Fidias. As obras tiveron lugar durante o arcontado de Eutimenes no -437, e, segundo Heliodoro, duraron cinco anos. Ao inicio da Guerra do Peloponeso, no -432 as obras interrompéronse, e máis tarde foron reiniciadas. Pola grande habilidade coa que Mnesicles conseguiu integrar o estilo dórico e o xónico nun único e harmonioso conxunto, algúns estudosos atribúenlle unha participación na obra do Erecteion.
Fontes clásicas
Harpocration: Lexicon. Plutarco: Vidas paralelas. Pausanias: Periéxese de Grecia vol.1.22.4. Heliodoro: Da Acrópole de Atenas, I.
Bibliografía moderna
C. Tiberi, Mnesicle, l'architetto dei Propilei Roma, Officina edizioni, 1964. Bundgaard, J.A. 1976. Mnesikles: a Greek architect at work. Copenhaguen. Hellström, P. 1988. The planned function of the Mnesiklean Propylaia. Opuscula Atheniensia 17: 107-21. Holland, L.B. 1924. Erechtheum papers, I, II, III. American Journal of Archaeology 28: 1-23, 142-69, 402-25.
Categoría:Arquitectos de Grecia Categoría:Acrópole de Atenas